Mostrando las entradas con la etiqueta asociacion. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta asociacion. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de octubre de 2009

Cambio de xunta directiva na Asociación de Veciños "Fonte dos Carreiros"

O pasado domingo día 25 de outubro de 2009 a Asociación de Veciños "Fonte dos Carreiros" de Figueiró celebrou a Asemblea Extraordinaria para elixir a nova xunta directiva que durante catro anos xestionará e canalizará as distintas actividades desta asociación.

Presentouse unha única candidatura que foi apoiada pola unanimidade dos presentes. Rubén Muñoz Alonso (Presidente), José Manuel Riveiro López (Vicepresidente), Sara Carrera Fernández (Secretaria), Carlos Sobrino Portela (Tesoreiro) e Emilio Vicente Pacheco (Coordinador). VOCAIS: Alejandro Pereira Pereira, Olga Orduña Pereira, Cristina Gómez Lemos, Francisco Salgueiro Benavides, Míriam Riveiro López, Tamara Pereira Riveiro, Iván Rodríguez Domínguez, Catalina Costa González e Francisco José Fernándes Arranz.

Entre emotivas palabras, o presidente despediu a cinco compañeiros que deixaron a Asociación, cinco socios fundadores ós que se lle encargou velar, vixiar e aconsellar ao novo equipo. Para eles, tamén palabras de agradecemento pola súa colaboración altruista nesta etapa que remata. Logo deu a benvida ós novos membros para que sigan traballando por Figueiró, unha parroquia que é referente no concello de Tomiño e no Baixo Miño porque, como se recordou na Asemblea, moitas outras asociacións de veciños teñen nacido despois da nosa fundación, semanas culturais, actividades para terceira idade etc.

Empeza un novo periodo de catro anos e neles, a nova Xunta Directiva intentará traballar coa mesma alegría, ilusión e esforzo por Figueiró, dando solucións as distintas inquedanzas da parroquia.

O Presidente tamén manifestou a gran satisfacción que supuxo saber que os veciños e veciñas están dispostos a embarcarse nun proxecto común para dirixir o navío e recoller boas mareas para o seu patrón: Figueiró. A día de hoxe Figueiró estase facendo cun importante patrimonio tanto artístico como cultural e social. Pero nada diso sería posible sen o inmenso e impagable patrimonio humano do que dispón a parroquia.

Tamén se alabou o compromiso dos mozos e mozas que decidiron unirse a esta nova singladura e a eles se lles botou o guante para que dentro de catro anos tomen o timón da nave.

Foto dos membros da xunta directiva sainte. Todos eles son socios fundadores.

Foto dos membros da xunta directiva entrante. Hai cinco directivos que repiten,
faltan dous directivos novos (Tamara e Iván) e
Juan (que tamén sae na foto e non sigue) está, por exercer de secretario.

Foto conxunta de ámbalas directivas (sainte e entrante)

viernes, 16 de octubre de 2009

Asamblea Xeral Extraordinaria - Domingo 25-outubro-2009

Comunicación os socios/as:

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “Fonte dos Carreiros” de Figueiró informa:

Que o vindeiro domingo día 25 de outubro do 2009 acolléndose o artigos 25º e 27º dos Estatutos Xerais da Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “FONTE DOS CARREIROS” Figueiró-Tomiño, terá lugar a unha Asamblea Xeral Extraordinaria no salón de actos do Centro Recreativo e Cultural de Figueiró, ás 11 horas da mañán en primeira convocatoria si existe a presenza da metade mais un do total dos asociados e ás 11,30 da mañán en segunda convocatoria con calquera número de asistentes, para trata-lo seguinte:

ORDE DO DIA

1º.- Lectura e aprobación da acta da reunión anterior (1-2-2009), se procede.

2º.- Elección da nova Xunta Directiva.

NOTA IMPORTANTE

Poderanse presentar candidaturas ata as 20 horas do venres día 23 de outubro do 2009.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Celebración do Día das Letras Galegas en Figueiró

A Asociación de Veciños “FONTE  DOS  CARREIROS” de Figueiró organiza, co gallo da celebración do día das Letras Galegas, o  4º Concurso de Redacción e Debuxo para escolares Neste concurso participan tódolos alumnos/as matriculados/as no CEIP Antonio Fernández de Goian e na Aula de Educación Infantil de Figueiró.

Dende aquí, a Xunta Directiva desta Asociación, ten o pracer de comunicarlles que o vindeiro domingo, día 17 de maio, a partires das 12:30 da mañá, exporanse os debuxos e redacións na Praza do Telleiro de Figueiró.

Posteriormente, ás  5:30 da tarde terá lugar a entrega de premios.

 Rematada ésta, e no mesmo lugar, haberá unha  actuación cómico-musical para tódolos públicos a cargo do gran artista.......“CÉ  ORQUESTRA  PANTASMA”.        

     O xurado formado por Dª Eva González (periodista e cronista do Baixo Miño), D. Mario Rodríguez (artista-pintor de Figueiró), D. Rubén Ferreira (mestre xubilado de Figueiró), D. Antonio Fernández (director do colexio CEIP Antonio Fernández de Goian) e D. Jesús Castiñeira (concelleiro de cultura do Concello de Tomiño) foi o encargado de decidir, entre os taballos presentados, ós gañadores das distintas categorías.

Dende aquí queremos expresar a nosa sincera gratitude á dirección e corpo docente do colexio de Goian e unitaria de Figueiró. Sen a súa axuda e colaboración este concurso non sería posible.

Tamén agradecemos profundamente a colaboración da Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Xunta de Galicia, Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, Centro Recreativo e Cultural de Figueiró e de tódolos membros do xurado.

Con este humilde concurso, a Asociación desexa contribuír no fomento da difusión da cultura galega e promocionar a lectura en galego.

NOTA.- En caso de choiva, a exposición de traballos, a entrega de premios e a actuación musical terían lugar no salón de actos do Centro Recreativo e Cultural de Figueiró.

RELACCIÓN  DE  NENOS  PREMIADOS  NO 

  CONCURSO  DE  REDACCIÓN  E  DEBUXO

“A.V.V.  FONTE  DOS  CARREIROS” - FIGUEIRÓ

CATEGORIA - EDUCACIÓN  INFANTIL (3  ANOS) - DEBUXO:

 1º Premio.- Ainé Figueroa Pérez

2º Premio.- Laura Vaquero Pereira

3º Premio.- Aarón Gómez Dorna

 CATEGORIA - EDUCACIÓN  INFANTIL (4  ANOS) – DEBUXO:

 1º Premio.- Victoria Giraldes Fernández

2º Premio.- Borja Salgueiro Guerreiro

3º Premio.- Mateo Barbosa Carrera

  CATEGORIA - EDUCACIÓN  INFANTIL (5  ANOS) - DEBUXO:

 1º Premio.- Evelyn Pintos Otero

2º Premio.- Iria Muñoz de Santiago

3º Premio.- Caliel Agustín Gómez Orlando

  CATEGORIA - 1º  EDUCACIÓN  PRIMARIA – DEBUXO:

 1º Premio.- Xulia Oliveira Misa

2º Premio.- Manuel Núñez Rodríguez

3º Premio.- Carla Rodríguez Otero

  CATEGORIA – 2º  EDUCACIÓN  PRIMARIA - REDACCIÓN:

 1º Premio.- Sandra Alonso Castro (Querido Ramón Piñeiro)

2º Premio.- Evelyn Lima Martínez (Señor Ramón Piñeiro)

3º Premio.- Ainhoa Riveiro Gómez (Señor Ramón te invito)

  CATEGORIA – 3º  EDUCACIÓN  PRIMARIA – REDACCIÓN – (CURSO “A”):

 1º Premio.- Nahom Alvarez Ramos (Etiopia)

2º Premio.- Juan Alejandro Vaquero Ríos (Hola, chámome Juan)

3º Premio.- Nerea Fernández González (O calendario)

6ª  CATEGORIA – 3º  EDUCACIÓN  PRIMARIA – REDACCIÓN – (CURSO “B”):

 1º Premio.- Julian Morgado Fernández (¿Qué pasaría se fose unha nube?)

2º Premio.- Andrea Posada Alonso (Cada día gústame algo)

3º Premio.- Loiola Ozores Rodrígues (O vampiro de mentira)

  CATEGORIA – 4º  EDUCACIÓN  PRIMARIA - REDACCIÓN:

 1º Premio.- Milagros Posada Alonso (Dani e seu can)

2º Premio.- Amaya Fernández Vicente (Os Dinosaurios)

3º Premio.- Teo López Cascón (Ola sun un rapaz de 9 anos)

  CATEGORIA – 5º  EDUCACIÓN  PRIMARIA - REDACCIÓN:

 1º Premio.- Sabela Sobrino de Santiago (Carme)

2º Premio.- Maite Bautista Souto (Fontes de Figueiró)

3º Premio.- Javier Vieira González (Campamento da Lanzada)

  CATEGORIA – 6º  EDUCACIÓN  PRIMARIA - REDACCIÓN:

 1º Premio.- Ana Isabel Moneo Troncoso (A historia de Carmiña)

2º Premio.- Angel Martínez González (A primaveira chegou)

3º Premio.- Laura Oliveira Misa (A miña historia)

martes, 13 de mayo de 2008

Celebración do Día das Letras Galegas en Figueiró

A Asociación de Veciños FONTE DOS CARREIROS de Figueiró organiza, co gallo da celebración do día das Letras Galegas, o 3º Concurso de redación e debuxo para escolares. Neste concurso participan tódolos alumnos/as matriculados/as no CEIP Antonio Fernández deGoian e na Aula de Educación Infantil de Figueiró.
Dende aquí a Xunta Directiva desta Asociación ten o pracer de comunicarlles que o vindeiro sábado, día 17 de maio, a partires das 12:30 da mañá, exporanse os debuxos e redacións na Praza do Telleiro de Figueiró.
Posteriormente, ás 5:30 da tarde terá lugar a entrega de premios.
Un xurado formado por mestres, artistas, periodista e concelleiro de cultura do Concello de Tomiño foi o encargado de decidir, entre os taballos presentados, ós gañadores das distintas categorías.
Dende aquí queremos expresar a nosa sincera gratitude á dirección e corpo docente do colexio de Goian e unitaria de Figueiró. Sen a súa axuda e colaboración este concurso non sería posible.
Tamén agradecemos profundamente a colaboración da editorial Edicións Xerais de Galicia, Xunta de Galicia, Concello de Tomiño, Centro Cultural de Figueiró e de tódolos membros do xurado.
Con este humilde concurso, a Asociación desexa contribuír no fomento da difusión da cultura galega e promocionar a lectura en galego: UN LIBRO, A TÚA MELLOR COMPAÑA.
.

lunes, 7 de abril de 2008

Información da Xunta Directiva

CREACIÓN DA VOCALÍA DA MULLER NA
A.V.V. “ FONTE DOS CARREIROS ” – FIGUEIRÓ

O pasado domingo dia 6 de Abril tivo lugar a 1ª Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2008 da Asociación de Veciños “Fonte dos Carreiros” de Figueiró. Nela, despóis de tratar os temas clásicos como orzamentos, memoria de xestión e actividades, etc.. A Xunta Directiva someteu a aprobación da Asemblea, a creación da VOCALÍA DA MULLER na A.V.V. “Fonte dos Carreiros”, unha aposta decidida pola igualdade, que axudará a xestionar solicitudes de proxectos que fomenten a participación das mulleres; esta iniciativa foi aprobada e as delegadas nomeadas (Dª Sara Carrera Fernández e Dª Silvia Moure Souto), có respaldo total da Asamblea. Polo tanto, partir do (6-4-2008), Figueiró conta cun instrumento máis ó servicio das inquietudes dos veciños, neste caso as grandes beneficiadas serán as “veciñas”.
Tamén informouse das xestións feitas para conquerir melloras para a parroquia. E no apartado socio-cultural, comunicouse que estase a traballar: no 3º Concurso de Redacción e Debuxo para nenos no Día das Letras Galegas, na 2ª Edición da Exposición Fotográfica “Esencias de Figueiró en Imaxes” e na actividade estrela da Asociación a 3ª Semana Cultural de San Campio que, como nas anteriores, fará un amplo e variado percorrido pólos diferentes xéneros musicais para o disfrute de tódolos públicos; e para a que espera, como sempre, a colaboración das distintas entidades públicas, privadas e como non, dos veciños de Figueiró, a todas e a todos agradeceu de antemán esta axuda, sin a cal a Semana Cultural non sería posible.

martes, 18 de marzo de 2008

Información da Xunta Directiva

En primeiro lugar, grazas por entrar na páxina de internet da Asociación de Veciños "Fonte dos Carreiros" de Figueiró. Nela intentarase, ademáis de ter informados ós socios e veciños de tódalas novas importantes que pasen no pobo, servir de "manual-folleto" da Parroquia de Figueiró, onde esté reflexado un pasado respetuoso, un presente interesante e un futuro prometedor. Quere ser unha fiestra aberta de Figueiró ó Mundo, un mundo por onde están espallados os nosos emigrantes, xente morriñenta da que debemos sentirnos orgullosos, porque ata agora foron eles, os embaixadores. A partires deste intre, xa non estarán soios, esta páxina de internet procurará telos máis preto da súa "terra". Como veredes, cáseque tódolos apartados están ainda con pouca información, ésta irase completanto na medida que a teñamos. Vamos a procurar que sempre esté actualizada.
Un saúdo agarimoso e non deixar de visitarnos.

1ª Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2008

Estimado socio/a:

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “Fonte dos Carreiros” de Figueiró informa:

Que o vindeiro domingo día 6 de Abril do 2008 acolléndose o artigo 25º dos Estatutos Xerais da Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “FONTE DOS CARREIROS” Figueiró-Tomiño, terá lugar a 1ª Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2008 no salón de actos do Centro Recreativo e Cultural de Figueiró, ás 11 horas da mañán en primeira convocatoria si existe a presencia da metade mais un do total dos asociados e ás 11,30 da mañán en segunda convocatoria con calquera número de asistentes, para trata-lo seguinte:

ORDE DO DIA

1º.- Lectura e aprobación da acta da reunión anterior (24-6-2007), se procede.

2º.- Informe e aprobación das contas e balances do exercicio anterior.

3º.- Estudio e aprobación do presuposto de ingresos e gastos para o este exercicio.

4º.- Exposición da memoria de xestión e actividades do exercicio anterior.

5º.- Exposición do plan de xestión e actividades para este exercicio.

6º.- Creación da Vocalía da Muller na Asociación de Veciños “Fonte dos Carreiros”.

7º.- Preguntas e propostas dos asistentes.

miércoles, 5 de marzo de 2008

Carta Nadal 2007

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSUMIDORES E USUARIOS
“ FONTE DOS CARREIROS ” DE FIGUEIRÓ
Figueiró, a 7 de Decembro do 2007

Estimado socio/a:

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños “Fonte dos Carreiros” de Figueiró, quere desexarlles unhas FELICES FESTAS e aproveita a ocasión para facer balance do traballo relizado neste ano 2007:

Xestións realizadas ante as Administracións Públicas: solicitamos información e pedimos solucións á Xunta de Galicia sobre a concentración parcelaria, os bancos de terra, o plan de incendios, a vía de alta capacidade e a rotonda da Fonte dos Carreiros; ó Concello de Tomiño sobre o parque infantil, o pintado do Largo das Mestras, o acondicionamento da pista polideportiva, o equipamento da estrada Figueiró-Soutelo-Goián, a seguridade vial no entorno escola infantil, a casa en ruinas da Tomada, os espellos de seguridade nos cruzamentos de rúas da parroquia, os arcos de “Nadal” na Fonte dos Carreiros e frente ó Centro Cultural e o adecentamento das marquesinas de A.T.S.A. nos Pedregales e a Correos buscando a mellora do servizo de “reparto”.

Socialmente: seguen as clases de “baile de salón” cun moi bo aproveitamento, como quedou demostrado na súa actuación na Semana Cultural e de “aeróbic” onde o Grupo “BAILAS MOZA?” da A.V.V. colleitou, en toda-las actuacións feitas pola comarca, grandes ovacións. No ano 2008, se hai persoas interesadas, recuperaremos a “ximnasia terapéutica de maiores”.

Culturalmente: comenzouse coa Exposición “Esencias de Figueiró en Imaxes” onde os protagonistas foron os aparellos tradicionais de retratar e as fotos antigas da nosa xente. Cerebramos o Día das Letras Galegas có 2º Concurso de Redacción e Debuxo para nenos e, aproveitando que nese día cumpría 100 anos a nosa veciña Dª. Rosa Fernández Pousa, fíxoselle “unha homenaxe”. Organizamos con gran éxito a 2ª Semana Cultural de San Campio destacando en sobremaneira “a noite adicada ás actuacións dos grupos de Figueiró”.

No Nadal teremos, en colaboración có CENTRO, actividades para nenos nas dos días 26, 27 e 28. O sábado día 29 ás 6 da tarde actuará na “Praza do Telleiro” a RONDALLA “navideña” de Freixo (Vigo).

Tamén queremos “convidarvos” a asisti-lo vindeiro domingo día 16 ás 11 da mañá, ó acto que a Asociación Veciñal e Cultural de Valladares organiza no Santuario de San Campio en Figueiró, onde haberá unha misa na honra do Santo e a súa Coral ofrecerá un concerto de villancicos e panxoliñas, funcionará o botafumeiro.

Nota.- A Asociación xa ten páxina de Internet, http://fontedoscarreiros.blogspot.com/.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO APOIO E QUE NO ANO 2008 SE
CUMPRAN TÓDOLOS VOSOS DESEXOS ¡¡¡

Carta Nadal 2006

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSUMIDORES E USUARIOS

“ FONTE DOS CARREIROS ” DE FIGUEIRÓ

Figueiró, a 16 de Decembro do 2006
Estimado socio:

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños “Fonte dos Carreiros” de Figueiró, informa:

Que no remate deste ano 2006, dirixímonos a vostede para facer memoria do noso traballo o frente desta asociación veciñal. Unha tarefa complicada onde, a falta de recursos económicos, hai que suplila con ilusión e cunhas altas doses de imaxinación.

No apartado das xestións realizadas:
Solicitamos información e pedimos solucións a Xunta de Galicia sobre a concentración parcelaria, via de alta capacidade e rotonda da Fonte dos Carreiros, o Concello de Tomiño sobre o parque infantíl, alumeado da estrada Figueiró-Soutelo-Goián, seguridade vial no entorno escola infantil, modificación das normas urbanísticas, casa en ruinas da Tomada e equipamentos da rúa principal e a Comunidade de Montes o adecentamento do camiño do Pasadoiro e creación dun espazo de lecer e recreativo no lugar do “Caldeirón”.

No eido socio-cultural coidamos que foi un gran ano.
Culturalmente escomenzamos ca excursión a Ourense, celebramos o día das Letras Galegas co 1º Concurso de redacción e debuxo, organizamos unha exitosa (pola calidade das actuacións e a gran cantidade de persoas asistentes) 1ª Semana Cultural de San Campio destacando a “homenaxe ós músicos” e o “irmanamento con Valladares” e agora no Nadal teremos, en colaboración co Centro, obradoiros para nenos na tardes dos días 27-28-29, quedando para máis adiante a realización da exposición fotográfica prevista, o non estar disponible o local social. Na tarde do sábado día 30, percorrerá o pobo a RONDALLA “navideña” de Freixo (Vigo) con máis de 80 compoñentes.
Socialmente, as actividades recreativas teñen un contido terapéutico na “ximnasia para maiores”, formativo no “baile de salón” e de exercicio e ensaio no “aeróbic” onde acaba de fundarse o Grupo de aeróbic “BAILAS MOZA?”, que o amparo da A.V.V. Fonte dos Carreiros, representará a Figueiró nas súas actuacións, sendo a primeira, en Valladares, o domingo 17 de decembro co motivo do FESTIVAL DOS MAIORES organizado polo C.V.C. de Valladares.

Traballaremos respetando unha filosofia de “coherencia e transparencia” na procura de mellora-la parroquia de Figueiró en todo-los aspectos, buscando sempre o beneficio colectivo. Estamos abertos a escoitar as suxerencias e peticións dos veciños, só será necesario comunicalas ós membros da directiva que, despois de estudialas, tratarán de levalas adiante se son realizables.

Sin máis que informaros e esperando contar ca vosa confianza, despedímonos cun saúdo:

OS MEMBROS DESTA DIRECTIVA DESEXAN A TÓDOLOS VECIÑOS, UNHAS FELICES FESTAS DE NADAL E UN VENTUROSO ANO 2007

Carta Nadal 2005

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSUMIDORES E USUARIOS

“ FONTE DOS CARREIROS ” DE FIGUEIRÓ

Figueiró a 16 de Decembro do 2005

Estimado socio e veciño de Figueiró:

O 4 de Outubro presentouse, nuns actos moi emotivos, a Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “FONTE DOS CARREIROS” de Figueiró. Na Asamblea Constituinte celebrada no Centro foi elexida, por unamidade, a Primeira Xunta Directiva:

Presidente
D. Rubén Muñoz Alonso
Barrio Lago
Vicepresidente
D. Victor Manuel Moure Daval
Barrio Lago
Secretario
D. Juan Francisco Santos González
Barrio Lago
Tesoureiro
D. Juan Carlos Sobrino Portela
Barrio Lago
Vocal
D. Jesús Cruz Rodríguez
Barrio Muiños
Vocal
D. Pablo Rodríguez Rodríguez
Barrio Muiños
Vocal
Dª. Silvia Moure Souto
Barrio Fonte
Vocal
Dª. Sara Carrera Fernández
Barrio Tomada
Vocal
D. Armando Martínez Rodríguez
Barrio Centinela
Vocal
D. Emilio Vicente Pacheco
Barrio Regueiriña
Vocal
D. Emilio González Martínez
Barrio Liñares
Vocal
D. José Manuel Riveiro López
Barrio Espiñeiro-Igrexa

Hoxe 3 meses despois, hai apuntados uns 250 socios (homes e mulleres maiores de 18 anos), pero a Xunta Directiva desexaría amplialos o pobo enteiro, o número é moi importante a hora de pedir axudas e subvencións para actividades e bens para nenos, xóvenes, mulleres, maiores, etc. O respaldo de todo Figueiró, animaríanos a facer moitas e variadas cousas. As cartas dos non socios levan unha ficha, que unha vez cuberta, entregarase ós directivos ou no Centro, tanto o conserxe como no buzón. Os socios apuntados como tales terán ventaxa e preferencia en actividades con limitación de xente.

Temos que comunicaros que o socio pagará una pequena cuota, ésta aprobarase na próxima Asamblea, e non superará os 3 Euros ó ano, diñeiro destinado para gastos administrativos e de xestión (cartas, fotocopias, carteis, xestoría, avogados,etc).

Estes son exemplos do que a Asociación fixo ou está tramitando: homenaxe a Sra. Floriana (persoa maior do pobo), recuperar a bola cabeceira da Fonte dos Carreiros, pídese a empresa ATSA o paso de autobuses de línea polo Telleiro, solicítase unha ruta de senderismo e unha caseta refuxio no monte, demándase ó Concello e outros organismos competentes aceras, alumeado, sinales, pasos de peóns na rua principal do pobo, un parque infantil no Largo das Mestras, que se nos informe e consulte da modificación do plan urbanístico de Figueiró. Xestiónase cos responsables da Concentración Parcelaria unha solución para que os 20.000 m2 de Espiñeiro e que, os fondos de terra pasen a mans da Asociación de Veciños. Colabórase co Centro Recreativo e Cultural, nas actividades de Nadal para nenos e preténdese, en Xaneiro, escomenzar un curso de baile de salón, un curso de música de instrumentos de corda co fin de resucitar a Rondalla e clases de teatro para formar un grupo propio. ”Traballamos para mellorar a calidade de vida en FIGUEIRO”.


FELICES FESTAS DO NADAL E VENTUROSO ANO 2005

Carta de Presentación

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSUMIDORES E USUARIOS
“ FONTE DOS CARREIROS ” DE FIGUEIRÓ
O pasado día 1 de Abril, despois de varios xuntanzas e estudios, os veciños de Figueiró abaixo nomeados ACORDARON :

Constituir unha asociación sen ánimo de lucro denominada Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “ FONTE DOS CARREIROS ” de Figueiró que desenrolará preferentemente as súas actividades no ámbito local e terá o seu domicilio no Centro Recreativo e Cultural de Figueiró. O seus fíns principiais serán:

a) A defensa dos intereses comunais dos veciños como tales, e como consumidores e usuarios.

b) A promoción do desenrolo e progreso da parroquia de Figueiró.

c) Promove-la convivencia, a participación cidadán, a cultura, o deporte e o respeto ó medio ambiente e ós recursos naturais, como bases da realización integral das persoas.

Poderán ser integrantes da Asociación tódalas aquelas persoas físicas ou xurídicas, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser maior de idade.
b) Ser veciño, residente, propietario ou ter vínculos coa parroquia de Figueiró.
c) Formaliza-la pertinente solicitude de ingreso.
Os promotores e fundadores desta Asociación por nome e barrio son:

D. Rubén Muñoz Alonso
Barrio Lago
D. Victor Manuel Moure Daval
Barrio Lago
D. Juan Francisco Santos González
Barrio Lago
D. Juan Carlos Sobrino Portela
Barrio Lago
D. Jesús Cruz Rodríguez
Barrio Muiños
D. Pablo Rodríguez Rodríguez
Barrio Muiños
Dª. Silvia Moure Souto
Barrio Fonte
Dª. Sara Carrera Fernández
Barrio Tomada
D. Armando Martínez Rodríguez
Barrio Centinela
D. Emilio Vicente Pacheco
Barrio Regueiriña
D. Emilio González Martínez
Barrio Liñares
D. José Manuel Riveiro López
Barrio Espiñeiro-Igrexa

Todos eles anímanvos a que os fagades socios, porque unha Asociación forte, próspera e dinámica necesita de moitas persoas asociadas e comprometidas.

Nesta carta vai unha solicitude de ingreso na ASOCIACIÓN, unha vez cuberta poderá entregarse o conserxe do Centro de Figueiró ou a calquera dos promotores-fundadores.

Figueiró a 26 de Agosto de 2005