
Os veciños do barrio LAGO de Figueiró, e a Comisión de Festas de San Martiño 2009 presidida por D. Miguel Pereira González, convídaos a disfrutar destos festexos na fermosa Parroquia de FIGUEIRÓ.

Este domingo 12 de abril vaise celebrar en Figueiró (Tomiño) a "7ª FESTA DA ORELLA". A partir das 10 da mañá, e durante todo o día, servirase orella á feira e con vinagreta, receita que tivo enorme aceptación na pasada edición, así como chourizos fritos e a prancha. A ración inclúe prato conmemorativo e os prezos serán populares. Tamén contamos con bos viños da comarca.
Hoxe xoves día 19 de marzo, tivo lugar o primeiro día do Campionato de tiro o prato, na modalidade de percorrido de caza, no campo das Fonteiriñas de Figueiró; organizado pola Comisión de Festas de San Campio 2009. 
O vindeiro domingo día 29 de Xuño ás 7 da tarde, o Circuito Cultural patrocinado pola Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño chega a parroquia de Figueiró.Figueiró, venres día 14 de marzo ás 20.30 horas, no Centro Recreativo e Cultural.
O goberno promove a revisión do actual inventario de camiños municipais
O goberno municipal de Tomiño celebrará unha serie de reunións informativas nas diferentes parroquias da localidade, co fin de proceder á revisión do actual inventario de camiños municipais.
O anterior goberno aprobou, no ano 2005, un inventario de camiños que contén numerosos erros e incorreccións, que están a producir moitos problemas para a concesión de licenzas.
Por todo isto, o goberno actual vén de abrir un proceso de revisión coa finalidade de subsanar os mencionados erros e promover unha maior participación cidadá e transparencia no proceso.
En primeiro lugar, celebraranse reunións informativas nas parroquias, quedando exposto durante 15 días o actual inventario co fin de que os veciños/as fagan as alegacións que consideren oportunas. Ademais, un técnico recollerá ditas alegacións que se incorporarán logo ao inventario. Este inventario, coas correccións será exposto novamente para comprobar que é correcto, antes da súa aprobación.
A medida, permitirá corrixir erros e omisións na representación dos camiños da vila, aínda que non vai supoñer que se abran novas vías.