Mostrando las entradas con la etiqueta ecoloxico. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta ecoloxico. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de enero de 2013

Ruta de senderismo dende Figueiró ata o conxunto xeolóxico da "Pedra Furada". FIGUEIRÓ, DISFRUTAO!


Mapa da ruta de senderismo. Hai duas formas de chegar ó lugar do comenzo da ruta  de cor roxo (principal) dende  Figueiró, unha de cor amarelo (barrio da Fonte) e a outra de cor azul (barrio dos Muiños)

Conxunto xeolóxico de Figueiró
 (Fonte www.galiciasuroeste.info)
Figueiró conta cun espacio de interese xeológico posto en valor o pasado mes de febreiro. Posúe formacións rochosas curiosas, froito da erosión, que ademais, lle dan ao lugar un aspecto abaluartado, polo norte. Atópase este complexo xeolóxico en terreos da Comunidade de Montes de Figueiró, quen facilitou e colaborou nesta actuación que constitúe un recurso máis, xunto co Santuario de San Campio, para achegarse a esta parroquia de Tomiño.
Desde este conxunto, onde domina o pracer e o encanto dos montes galegos, pódese observar unha vista espléndida ao río Miño.










jueves, 11 de octubre de 2007

O Caldeirón o "Encanto" de Figueiró

No monte en man común da parroquia de Figueiró existe unha cubeta natural escavada en pura rocha granítica que posúe un “Encanto” especial e que coñocemos polo nome do CALDEIRÓN, éste é un lugar único e irrepetible pola súa paisaxe, os infinitos recordos, as lendas e as historias.

O Rochedo furado o “Imán” de Figueiró

Foto do Rochedo Furado o "Imán de Figueiró"
.
No monte en man común da parroquia de FIGUEIRÓ existen uns magníficos monumentos naturais, modelados polo vento ó longo dos séculos, como son o “rochedo furado”, o “óvalo esculpido sobre a rocha”, a “rocha cunha altura de catro metros sobre o chan”, etc.

Como vese nestas fotos, contemplar de preto estas belezas

naturais, non é tan dificil.

A Mancomunidade de Montes de Figueiró, en xestións feitas na Concellalía de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, conseguiu que pronto éste conxunto xeolóxico, sexa un espacio de ocio e recreativo, con miradoiros e sendeiros debidamente sinalizados; que tratará de ofrecer un espacio natural para o disfrute da poboación, buscando un maior coñocemento do patrimonio do noso monte.