Mostrando las entradas con la etiqueta persoeiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta persoeiros. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de marzo de 2008

Un home polifacético e argalleiro en Figueiró - Don Antonio Souto Martínez "TONICO"

ANTONIO SOUTO MARTÍNEZ " TONICO "

Personaxe polifacético de S. Campio de Lonxe, home de Figueiró, foi músico, praticante e conselleiro da medeciña rural, mayordomo de festas e profesional en zapatería en xeral, listo, inxenioso, con unha capacidade de inventar mentiras, de pequenas mentiras facer verdadeiras historias, mover xentes de un pobo a outro con unha capacidade de convencemento e creatividade impresionante.

A zapatería do “Tonico” foi en Figueiró lugar de tertulia, alá polos anos da segunda guerra mundial, despóis da nosa desgraciada campaña de guerra entre irmáns, este país quedou barrido de homes e mulleres, uns mortos a tiros outros de fame e os mais que tiveron certa sorte foron os que emigraron ou se exiliaron.

A zapatería era lugar de reunión, en aquel tempo non se facían zapatos novos, non había material, só se botaban “tombas” nas zamancas de solo de pau, os zapatos arreglábanse uns com o material de outros hasta que duraban sabe Dios canto tempo, as sandálias eran confecionadas pólo “Tonico” coas gomas dos coches xa moi usadas, ó metelas nos pés parecían barcos, diseñadas e cortadas pólo “Tonico” había diferentes modelos como si se tratara de unha moda de París, era o que había moitos anos logo de pasar a guerra, e ditoso o que tivera a sorte de lucir aqueles “modelos”.

O “Tonico” era un verdadeiro personaxe, sempre vestía un mandilón de coiro, unha badana moi vella e chea de “tombas” moi flexible; o camiño da zapatería á casa do Chaver que está en frente, foi recorrido pólo “Tonico” un promedio, algúns días, de mais de vinte veces, ai que aclarar que a casa do Chaver era tenda e taberna, cando o “Tonico” estaba em plena faena sempre chegaba alguén a invitalo a refrescar a gorxa, o “Tónico” endexamáis reusou unha invitación, o que fose, viño, aguardente, Sansón ou Sol e Sombra e conac Tres Cepas non moitas veces porque era moi caro, él recollía unha punta do mandilón de coiro á cintura e non ocupaba de sacalo, decía que non valía a pena, pois as veces cando viña de volta estaba outro paisano a esperar por él para invitalo, e así eran tódolos días do ano, tiña tamén as horas de poñer as inyeccións, tanto para xente como para algún animal que se enfermase, a caixa en onde fervía as xiringas e as agullas para uso humán habíalla regalado o meu pai, tíñalle moito cariño ó Paquiño porque habialle salvado un fillo chamado Pío cando era moi pequeno.

Voltando atrás a falar da personalidade de éste home, éra un verdadeiro xénio e un simpático demo de mentiras sin perigo de cegar a ofensa, a él tamén de vez en cando lle espetaban algunha, moi poucas…. Pero as veces tragaba.

Había aquí uns cantos homes de Figueiró que viñeran do Brasil, e frecuentaban a zapatería do “Tonico”, tamén se xuntaban homes do mesmo pobo, e uns cantos que no inverno viñan de Castilla, e algún que outro emigrante mais.

O “Tonico” cando miraba entrar algunha muller de Tomiño, de Estás ou de Goián, escomenzaba a armar a mentira. O asunto consistía en que él dicía a primeira palabra e miraba de reollo os asisentes buscando apoio, decía él: ¡Parece mentira o que lle pasou a fulano ou a ciclano¡…¡Que desgracia¡…e entón os outros contertulios apoiábanlle repetindo, pois si, ¡Foi unha verdadeira desgracia¡…E a incauta da muller que acababa de chegar, e con ánimo de saber do que se trataba, faguía a pregunta ao “Tonico” convertíase de boca en boca, cada vez nunha verdade mais grande.

Un bo día chega a zapatería do “Tonico” un bo amigo da nosa familia, era Antonio o Cantor, (eu fun un bo amigo de él que en paz descanse, en “Buenos Aires”) este bo paisano tan pronto que lle entrou a porta da zapatería xa lle espetou, ¡Coitada Isaura¡, que gran perda tivo¡…entón o finado de Antonio preguntoulle, ¿Cal foi a perda que tuvo a Isaura¡, antón dille o “Tonico” ¿E ti non o sabes?. Reventáronlle as pipas do viño e o tinto como si fora o regueiro dos Medos correulle polo outeiro pra abaixo e chegoulle ata o Regueiriño. ¡Coitada muller que perda tivo¡…

Os oito días a Isaura do Outeiro foi ó mercado do Seixo a Tomiño, e o bó do Antonio pregúntalle pola perda da reventada das pipas, e foi cando se descubriu a mentira do “Tonico”.

Outra vez o “Tonico” envolve nunha caixa de zapatos ben feito un carallete do porco, e mandoullo por un rapaz a casa de Argimiro Dava,l un home de respeito chegado do Brasil, cando o Señor Argimiro abríu a caixa e se encontra có carallete, xa se deu conta de que era cousa do “Tonico”. A represalia foi que un día cando o “Tonico” chega de mañán para abrir a zapatería, encontrouse un gran letreiro anunciando “ANTONIO SOUTO E FILLO, ESPECIALISTAS EN POZOS”....un mes sin darse palabra, pero logo volvían ás andadas.
.
Porcos que se roubaban de noite, bois que caían nun pozo e estaban vendendo carne barata noutra parroquia, alí ía a probe da xente enganada, accidentes de tráfico inesistentes, mentiras e mais mentiras ven armadas. Unha última faena que lle fixeron ó “Tonico” foi feita por Rogelio Souto antes de morrer, regaloulle ó “Tonico” pés de viña, o “Tonico” plantoú a viña con toda boa fé, e resultou ser toda a viña brava. ¡¡Esta si que lle estuvo ben feita¡¡.

AUTOR.-
Mario Rodríguez Gómez

Unha muller loitadora - Dona Isaura Gómez Pérez


ISAURA GÓMEZ PÉREZ

Nace en Lisboa en 1.898, filla de Santiago Gómez Darriba e Dona Agustina Pérez San Miguel. O pai tiña fábrica de liño e adicábase a mercar e vender casas en Lisboa. Isaura chega a Galicia con 13 anos á casa propiedade de súa nai en Figueiró (Tomiño), parroquia onde tiña unha tenda de comestibles, os veciños o ver aquela nena blanca e ben vestidas a tiñan como unha reina, D. Santiago faleceu dun ataque o corazón.

Dona Agustina estaba considerada en Lisboa cómo “a nai dos pobres” [así figurou no xornal Diario de Noticias cando finou os 57 anos, debido a que reapartía parte do capital do marido en atender as grandes necesidades do barrio onde vivían], e Isaura con quince quedou ó cargo de familiares do pai. Seus outros catro irmáns finaron tamén moi novos, o quedar sola en Lisboa é cando volta a Figueiró.

A casa actual de Figueiró fora construida para os xornaleiros e empregados, usandoa nos verans, ainda que o mais normal era veranear en caldas da Rainha, Figueira da Foz, Nazaret etc.etc. cando Isaura tiña uns poucos de anos.

Estudiou no Colexio Liceo Francés de Lisboa, lembrándose nos anos vinte de D. Manuel de Arreaga e D. Bernardino Luís Machado Güimaraes presidentes da República Portuguesa. De D. Manuel de Arreaga lémbrase dos desfiles que ían presenciar na Avenida da República montado nun grande cabalo branco. Lembra tamen a Revolución e o nome de Sidonio Pais diante da súa casa na rúa Santa Apolonia.

En 1927 os 21 anos casou en Figueiró con Francisco Rodríguez Otero natural de Goian e secretario do Xulgado de Paz de Tomiño, popularmente “Paquiño de Figueiró”, gran xogador de fútbol do Club Goian, bo cociñeiro.
Isaura colabora co xornal O Crítico de Lisboa, logo en Coimbra para finalmente desaparecer, escribe poemas románticos, versados todos eles sobre o amor, e prosa en Faro de Vigo, Nuevo Heraldo.

A paz e tranquilidade, ambiente cultural, loita contra a pobreza etc.etc. que viñan disfrutando na IIª República queda truncada de raiz o estalar a rebelión militar de Franco. O 18 de xullo de 1.936 ten lugar a rebelión militar contra a IIª República, no Baixo Miño fórmanse Xuntas de Defensa presididas polos Alcaldes. En Tomiño polo Alcalde D. Manuel Vicente, Francisco Rodríguez Otero como secretario, os concelleiros e autoridades da Federación Agraria.

A Xunta de defensa de Tomiño mete en prisión ó cura Rivas de Vilameán de Tebra, a Francisco Pino de Forcadela, a “O Inverno” de Barrantes, e Manuel España quen se esconde no fallado da casa e confecciona unha lista “negra” de persoas da dereita local co fin de facer ver aos falanxistas que foran os republicanos que a fixeran.
Seu home o ver que as cousas estaban tomando un canle moi grave para a vida das persoas cómo el, decide marchar a Portugal co pasaporte que dispuña, en Vila Nova de Cerveira foi recoñocido polo Tte. Garda Civil de Goian que fuxira nos primeiros momentos da rebelión a Portugal, e xusto o día 26 de xullo cando as tropas de Franco entraban en Tui, denunciado a PIDE (Policía Politica creada polo dictador Oliveira Salazar) [....] detengan a este sujeto que es comunista escapado de España...

Paco era simplemente republicano, o levan para Oporto – sen tempo a chamar a súa muller quen o creía a salvo en Lisboa - logo é trasladado a prisión de Tui [hoxe Xulgados de Tui], Isaura entérase a través dun barqueiro da barca de Goián que apreciaba a Paco.

Ca axuda do médico de Goián D. Cesáreo Carrera que tiña bastantes influencias, arranxa os papeis para poder ir visitar a Paco na prisión de Tui, elí non a deixan pasar é foi D. Manuel Pino quen a levou dentro dicíndolle os guardias que el respondía pola muller, elí estaban detidos os médicos de Tui – logo fusilados - D. Alejo Diz Jurado e D. Darío Álvarez Limeses, dous auténticos mártires da represión falanxista, segundo Dona Josefa García Segret [....] considerados por el pueblo cómo los Patricios por las virtudes que encarnaban sus bondadosos actos, y aún hoy (1982) se les recuerda como “padres de los pobres de Tuy”.

O contratista D. Serafin Fernández Costas, seu fillo, o aparellador D. Julio Fernández, o oficial de Correos D. Felipe Muñoz e o rentista D. Manuel Domínguez León foron fusilados.o 30 de outubro de 1936 acusados de [....] adhesión entusiasta y voluntaria a la rebelión comunista del Frente Popular...[¡pero se os que fixeron a rebelión militar eran os mesmos asesinos!]
Antes, o 23 de setembro, foran fusilados D. Celestino Balsa e D. Manuel Carracido, mozos de 22 anos de Ponte do Porto entregados horas antes de ser fusilados pola PIDE portuguesa en Tui.

Tamén foron fusilados en Tui: D. Manuel Estévez comerciante retirado de Cuba, D. José Cortés mestre de Goian, D. Leoncio de Forcadela rentista no Brasil, D. Juan Zúñiga comerciante de Tomiño, Augusto de Areas –Tui músico, Dona Josefa finou en agosto de 1.986.

A resistencia dos republicanos, organizados por unha Xunta de Defensa do Frente Popular co Alcalde D. Guillermo Vicente de Santiago [presidente de Esquerda Republicana], o médico Hermenegildo Losada [presidente do Frente Popular, quen se entrevistara co bispo solicitando súa colaboración], e o deputado agrarista do Baixo Miño Antón Alonso Ríos, o farmacéutico D. Ulpiano Piña, D. Manuel Romero comerciante, e o panadeiro Gumersindo Rodríguez como respresentante da CNT, contra as tropas sublevadas chegadas de Ourense, artillería de Campolongo en Pontevedra, foron detidas na costa da Moura durante dous días (25 – 26 ), por quince carabineiros de Tui ó mando do capitán D. Marcelino Rodríguez Blanco [fusilado] e do brigada Pérez Rodríguez, un sarxento e seis números da Garda Civil, tripulantes do garda costas Cabo Fradera baixo as órdenes do Tte de Navío D. Joaquin Varela de Eguilaz [2 anos de prisión].

Meten en prisión ó Tte. de Carabineiros D. Salvador Buhigas Dono por apoiar aos sublevados de Franco quen o día 27 sería o que entre na Guarda ó mando das tropas de Franco apoderándose do Concello.

Para evitar desmáns o Alcalde de Tui ordena deter os sacerdotes, preguntando o bispo onde quería que lle enviasen, recibindo unha carta do secretario do bispo onde se lle daba as gracias pola “forma delicada con que o alcalde había tratado os sacerdotes”.

Antón Alonso Ríos acude o día 19 de xullo a Guarda para falar con Brasilino e Xoán Noia ca finalidade de uni-los esforzos, vistan Oia e volven A Guarda. Concentran tódalas forzas da Guarda, mariñeiros do destacamento de O Pasaxe e dez parellas mais de Gardas Civiles. Aterra unha avioneta na Canosa pilotada polo representante comercial D. Francisco Bofill, que finou combatindo a favor da República o 18 de febreiro de 1937, a Xunta de Defensa confisca a avioneta e ordena botar octavillas por Vigo defendendo a República, e no día 20 chegan varios hidroavións da Base de Marin que deixan cair unhas bombas na Canosa destruindo a avioneta.

Neste día 20 o Alcalde de A Guarda D. Brasilino Honorio Álvarez Sobrino recibe unha chamada telefónica dende Pontevedra do capitán de artillería D. Ignacio Nandin que lle insta a rendirse e deixalo mando, contestándolle Brasilino que él é o representante lexítimo do goberno constitucional da República, Nandin lle di “atente a las consecuencias”, pero Brasilino remata a conversa engadindo ...[...] los pueblos no se conquistan por teléfono... A Guarda foi o último pobo en cair no poder dos sublevados de Franco.

O día 23 de xullo o comandante militar de Vigo Sr. Sánchez ordena o capitan Losada de Tui que declarase o Estado de Guerra e fusilase a todolos dirixentes do Frente Popular, negándose éste a facelo. O día 25 comezan os combates, chegando mais tropas de artillería da sexta batería do Reximento Mixto de Artillería nº 15 de Pontevedra e as tres da tarde do día 26 de xullo remata a resistencia republicana, entrando en Tui as tropas rebeldes. Comeza a persecución polos montes e de seguido aparecen camións con cadáveres de republicanos, entre eles o panadeiro D. Gumersindo Rodríguez.

Neses días atopábase en Tui facendo exercicios espirituais o logo Cardenal D. Vicente Enrique y Tarancón [un dos artífices da Transición Española despois da morte do Dictador Franco], quedando fortemente impresionado da dura represión practicada polas tropas e sobre de todo polos falanxistas, lembranzas que logo levou a escribir un libro de “memorias”.

O 4 de outubro de 1.936 Francisco Rodríguez Otero foi sacado da prisión de Tui e levado polos falanxistas ata Mondariz onde foi “paseado”, aparecendo seu corpo tirado na cuneta.
En 1937 chega a casa de Isaura para ver no que a podía axudar o Sr. Daval amigo da familia, nos cinco meses que estivo eli refuxiado Xoán Noia Xil, quen a pesares de tantos amigos cómo tiña ó final tivo que ir para Figueiró. D. Valentin Paz Andrade amigo tamén da familia preparoulle a viaxe para Arxentina debido a que os falanxistas tiñan intención de facerlles algo (a ela e seus dous fillos).
En Arxentina Isaura adícase a pedir roupa polas casas arxentinas co fin de enviala a Figueiró, contando ca gran axuda de Antón Alonso Ríos que había chegado dende Lisboa en xuño de 1.939 a bordo do vapor “Lipari”, elí Mario Rodríguez Gómez aprendeu o oficio de cociñeiro.
Relata Isaura que Antón tivo a sorte de atopar en Lisboa a D. José Blanco dono dun restaurante a quen Isaura lle adiantou os cartos da estancia de Antón debido a que os sobriños de Blanco quixeron liquidar o negocio. Estando en Arxentina Antón Alonso Ríos pagoulle os cartos a Isaura.

Hipólito Gallego Camarero mestre de Forcadela asasinado en Mondariz o 4 de outubro de 1.936,c lavado en terra por unha bayoneta, cando pareceu tirado na cuneta esta totalente desfeito de tantas barbaridades cometidas contra seu corpo. A viuda Dona Josefa García Segret acusa no seu Libro Abajo Las Dictaduras a: Francisco Pino, Alvarez Aldir, Manuel de Santiago, Gumersindo Alonso “O Rubio”, Tomé e Bugarin.

Tamén foron masacrados: o ferreiro de Caldelas de Tui, a Leandro Cal de Forcadela con 25 anos que levaron dende A Guarda atado a un coche e a rrastas a toda velocidade ata o Tamuxe onde o martorizaron e cortáronlle os xenitais. Manolo Noia Xil dende Portecelo ata San Xián fixerono ir descalzo polo monte de 6 a 7 km. A latigazos e culatazos de falanxistas de A Guarda e O Rosal, subindo e baixando o monte ata baixar polo monte de Oia, cando chegaron a praia fixeron que desvestira e morto a golpes nunha pedra, logo fixo puntería o Médico José Jurado de Tui, casado logo con unha filla de Dona María Martínez, moribundo como estaba tamén lle cortaron os xenitais Jurado deulle o tiro de gracia.

O LAVADO DE CEREBRO A QUE O RÉXIME MILITAR DO DICTADOR FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE, SOMETEU AOS QUE NON PENSABAN COMO ELES, CO BENEPLÁCITO E AS BENDICIÓNS DA IGREXA OFICIAL, APOIADO POLOS XUÍCES E TRIBUNAIS NOMEADOS POLO RÉXIME , QUEDA PLASMADO DO YO PECADOR:

Militares, funcionarios e sobre todo mestres foron obligados a asinar a chamada Acta de Retractación [o pobo bautizouna cómo “O Yo Pecador”]ca que pretendían que desa maneira podía evitar depuracións e xuicios:

[....] Ante el tribunal de personas honorables presentes, DECLARO:

1.-No estar conforme con la politica del llamado Frente Popular, con los procedimientos de que éste se vale y se ha valido para destrozar y hundir nuestra amada España, con la vileza de sus directivos y hombres de gobierno, con sus asesinatos y robos, con la sumisión a Rusia, con la desvinculación de la Patria, manifestando que si alguna vez pudo desviarme como ideal demócrata, lo repugno actualmente.

2.-No pertenecer a la secta masónica ni tener relaciones con ella, creyéndola vil, miserable y enemiga de la Patria, de mi familia y de mi dignidad como hombre y como español.

3.-No pertenecer a ningún partido político ni afiliarme en lo sucesivo mientras me encuentre en servicio activo.

4.-Estar de acuerdo con la alteza de miras, patriotismo y nobles finalidades que han conducido al Movimiento Salvador de nuestro Ejército.
Autorizo para que se haga de este documento el uso que tengan por conveniente.

Publicado nunha páxina da WEB de Galiciasuroeste http://www.galiciasuroeste.info/

FONTES:
Antón Hipólito Alonso Ríos O Siñor Afranio de Amaral.
Victoria Armesto. Los hijos cautivos de Breogán.
Josefa García Segret. Abajo las Dictaduras.