Mostrando entradas con la etiqueta festa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festa. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de mayo de 2008

Tiro ó Prato "FIGUEIRÓ 2008"

CARTEL ANUNCIADOR DA ACTIVIDADE
.
O derradeiro fin de semana (sábado día 3 e o domingo 4 de maio) a Comisión de Festas de San Campio de Lonxe organizou unha competición de Tiro ó Prato no Campo de Tiro das Fonteiriñas (Figueiró), na modalidade de Percorrido de Caza.
En ámbolos días, a afluencia de tiradores e espectadores foi numerosa o que encheu de satisfación ás integrantes da Comisión.

lunes, 28 de abril de 2008

Información da Comisión de Festas de San Campio

ROTUNDO ÉXITO E GRAN AFLUENCIA DE PÚBLICO NA
"VI FESTA DA ORELLA"

O pasado domingo día 27 de abril tivo lugar en Figueiró a VI EDICIÓN DA FESTA DA ORELLA. Dende ás 10 da maná ata as 10 da noite o contorno do Santuario de San Campio ,sempre animado pola continua visita de peregrinos, transformouse nun lugar máis profano, onde a xente o que buscaba era tomar “unha tapiña”, ben fose da protagonista de festa, a orella (aliñada con pimentón ou con vinagreta), ben dun chouriciño frito e ámbalas duas regadas cun bo viño branco e tinto da parroquia. Máis de catrocentas racións forón servidas polas entusiastas ”mulleres” integrantes da Comisión, as cales, o fin do día, sentíanse plenamente satisfeitas tanto polo éxito na organización como polos parabéns recibidos, xa que o menú servido estaba “boísimo”.

A actuación do Grupo de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio de Tomiño, patrocinado pola Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, foi o complemento cultural ideal a esta festa gastronómica.

O primeiro acto a beneficio da Festa está rematado, coidamos que pasado con nota grazas a colaboración de todos: os que axudaron na organización, os que participaron como comensais e os que compraron rifas. Todo isto supón, para a Comisión, un extra de motivación para seguir traballando na organización da romaría de San Campio de Lonxe.

Tamén queremos informar que o número premiado da fabulosa cesta foi o 1650.
Agradecemos dende aquí o apoio de tódalas empresas, establecementos comerciais e particulares que xenerosamente nós doaron diferentes artigos .

GRAZAS A TODOS !!!

domingo, 20 de abril de 2008

VI Festa da orella en Figueiró - Comisión Festas de San Campio

Cartel anunciador da VI FESTA DA ORELLA
.
O domingo día 27 de Abril, celebrarase a VI EDICION DA FESTA DA ORELLA na praza do Telleiro de Figueiró.

Dende as 10 da mañá, e durante todo o día serviranse racións de orella cocida aliñada con aceite e pementón, na carpa habilitada para tal fin. Tamén serviranse chourizos fritos. Os prezos serán populares e regalarase a taza e o prato conmemorativo desta Edición.

Ás 12 do mediodía contaremos coa actuación do Grupo de Gaitas e Danzas VIRXE DO ALIVIO de Tomiño.

Nesta VI FESTA DA ORELLA colabora a Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño.

A Comisión invita a tódolos veciños do Concello de Tomiño e visitantes a degustar este sabroso manxar, típico da nosa gastronomía.

Comisión de Festas San Campio "de lonxe" 2008

Foto das integrantes da Comisión de Festas
San Campio "de lonxe" 2008

No día de hoxe 20 de Abril, quedou oficialmente constituída a Comisión de Festas SAN CAMPIO DE LONXE 2008, en Figueiró. Este feito non tería maior relevancia se non fora porque, este ano, está formada exclusivamente por mulleres.

Dada a proximidade das datas nas que se celebra esta Festa e non habendo Comisión, un grupo de entusiastas e decididas mulleres tomaron unha valente e histórica decisión, ó afrontar o reto de levar as rendas da Comisión con moitísima ilusión. Esperan contar con todo o apoio dos veciños e veciñas de Figueiró e das parroquias limítrofes, porque á Romaría de San Campio de Lonxe acoden xentes de moitos e diversos lugares.

Esta comisión está presidida por Dª Vanesa Gómez Lemos, artífice desta iniciativa pioneira na parroquia, a que acompañan nove mulleres máis sen outro obxectivo, que traballar arreo para que esta tradicional romaría continue celebrándose a derradeira fin de semana de Xullo; este ano os días 25, 26 e 27 de Xullo.

Dito isto, a nova Comisión anuncia dúas actividades a desenrolar nos vindeiros días:

O domingo día 27 de Abril, celebrarase a VI EDICION DA FESTA DA ORELLA na praza do Telleiro de Figueiró.

Dende as 10 da mañá, e durante todo o día serviranse racións de orella cocida aliñada con aceite e pementón, na carpa habilitada para tal fin. Tamén serviranse chourizos fritos.Os prezos serán populares e regalarase a taza e o prato conmemorativo desta Edición.

Ás 12 do mediodía contaremos coa actuación do Grupo de Gaitas e Danzas VIRXE DO ALIVIO de Tomiño.

Nesta VI FESTA DA ORELLA colabora a Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño.

A Comisión invita a tódolos veciños do Concello de Tomiño e visitantes a degustar este sabroso manxar, típico da nosa gastronomía.

Para o sábado día 3 e o domingo 4 de Maio 27 estase a organizar unha competición de TIRO AO PRATO no Campo de Tiro das FONTEIRIÑAS (Figueiró), na modalidade de PERCORRIDO DE CAZA.

O sábado día 3 serán os adestramentos con premios para os mellores, e o domingo día 4 terá lugar a tirada oficial con grandes premios e agasallos.

O campo de tiro estará aberto a partires das 9 da mañá os dous dias, e haberá unha cantina onde serviranse bos viños da zona e tapas caseiras variadas.

Para rematar, a comisión agradece de antemán a axuda e colaboración de entidades, empresas, particulares e de todo o pobo de Figueiró para que este animoso esforzo teña un final exitoso.

jueves, 3 de abril de 2008

Festa de SAN CAMPIO "de lonxe" 2007

IMÁXENES DA PROCESIÓN DE SAN CAMPIO
.

Autoridades do Concello de Tomiño na Procesión

Banda de Música de Goián amenizando a Procesión

Imaxen de Santa Arquelaida (muller de San Campio) na Procesión
.
Imaxen de San Campio, rodeada de devotos, na Procesión

Concerto da Banda de Goián no remate da Procesión

jueves, 11 de octubre de 2007

Figueiró Festeiro

FESTA DE SAN CAMPIO “de lonxe”.
Celébrase o venres, sábado e domingo da derradeira semán do mes de Xullo.

RECOLLIDO DO PREGÓN ANO 1997

( Rvdo. D. José Luis Portela Trigo)

A Festa de SAN CAMPIO é ilusión, inquietude, ledicia, fraternidade, paz, fe........ porque é algo que é noso, de todos. Tamén daqueles que ó longo de toda súa vida peregrinan a Figueiró, con moita freuencia, 70, 80 anos ininterrompidos e cantos anos a pé.......... Se o fan é porque SAN CAMPIO é seu.

Digan os nativos de Figueiró, que senten cando se achega a Festa de SAN CAMPIO e a súa terra é Castilla, Barcelona, Francia, Suiza o Inglaterra....... Pare eles é ledicia porque achégase o día de partir para visitar "o Santiño que na cama está", pero tamén e nostalxia para os que ten que quedar "lonxe da terra que en festa está".

A Festa de SAN CAMPIO únenos a todos en fraternidade. Paz e fraternidade é o que experiméntase nestas Festas, porque a fe en SAN CAMPIO un ano máis une a tantos romeiros con o pobo que a todos recibe e da a benvida. Sí, paz e fraternidade, porque en estas Festas, desaparecen as asperezas, límanse as arestas e compártese, en familia, o pan nun mesmo mantel.

E fe e esperaza para todo aquel que peregrina cargado coa cruz dos problemas, da enfermidade, do sufrimento, ou da escuridade da súa vida, e vén buscar o que ansía: a saúde, o acougo, a luz......,aos pés do santo.

E a ilusión e a inquietude teñen como froito a alegría, a paz e a fraternidade, porque unha mesma fe únenos a todos. Unha fe, froito dos actos de culto, na novena, festas, e como consecuencia dos sacramentos. A isto lévanos SAN CAMPIO; lección que nos legaron os nosos antepasados e para quen temos tamén o noso recordo o rematar estas Festas.

Que os desexos que manifestamos sexan realidade nestas FESTAS, grazas a intercesión e protección de SAN CAMPIO.