lunes, 28 de abril de 2008

Información da Comisión de Festas de San Campio

ROTUNDO ÉXITO E GRAN AFLUENCIA DE PÚBLICO NA
"VI FESTA DA ORELLA"

O pasado domingo día 27 de abril tivo lugar en Figueiró a VI EDICIÓN DA FESTA DA ORELLA. Dende ás 10 da maná ata as 10 da noite o contorno do Santuario de San Campio ,sempre animado pola continua visita de peregrinos, transformouse nun lugar máis profano, onde a xente o que buscaba era tomar “unha tapiña”, ben fose da protagonista de festa, a orella (aliñada con pimentón ou con vinagreta), ben dun chouriciño frito e ámbalas duas regadas cun bo viño branco e tinto da parroquia. Máis de catrocentas racións forón servidas polas entusiastas ”mulleres” integrantes da Comisión, as cales, o fin do día, sentíanse plenamente satisfeitas tanto polo éxito na organización como polos parabéns recibidos, xa que o menú servido estaba “boísimo”.

A actuación do Grupo de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio de Tomiño, patrocinado pola Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, foi o complemento cultural ideal a esta festa gastronómica.

O primeiro acto a beneficio da Festa está rematado, coidamos que pasado con nota grazas a colaboración de todos: os que axudaron na organización, os que participaron como comensais e os que compraron rifas. Todo isto supón, para a Comisión, un extra de motivación para seguir traballando na organización da romaría de San Campio de Lonxe.

Tamén queremos informar que o número premiado da fabulosa cesta foi o 1650.
Agradecemos dende aquí o apoio de tódalas empresas, establecementos comerciais e particulares que xenerosamente nós doaron diferentes artigos .

GRAZAS A TODOS !!!