miércoles, 9 de julio de 2008
jueves, 3 de julio de 2008
A parroquia de Figueiró será un "REFERENTE SOCIO-CULTURAL" no Baixo Miño, entre os días 17 e 27 de Xullo.
UN AMPLO ABANO DE ACTIVIDADES CULTURAIS, FESTEIRAS E RELIXIOSAS TRANSFORMARÁN A PRAZA DO “TELLEIRO” E O RECINTO DO “SANTUARIO DE SAN CAMPIO” NUN LUGAR PERFECTO PARA QUE NENOS, XÓVENES E MAIORES PARTICIPEN DE FORMA ENTUSIASTA NUNHA PROGRAMACIÓN PENSADA PARA O DISFRUTE E LEDICIA DE TODOS.
III SEMANA CULTURAL DE "SAN CAMPIO" - XULLO 2008
ROMARÍA NA HONRA DE SAN CAMPIO "DE LONXE" 2008
PREGÓN FESTAS
(polo reverendo D. José Luis Portela Trigo)
A vida discurre veloz. Así pasa o tempo. Onte era a festa de San Campio – o ano pasado – e xa chegan as do 2008.
Benvidas sexan estas festas polo que elas significan e levan consigo.
Para os veciños do pobo: fraternidade, familiaridade, convivencia de familias de residentes e de achegados de lugares lonxanos.
Para os que tiveron que emigrar San Campio é morriña, isto é, o corazón estremécese na lonxanía. San Campio cala fondo no corazón, e na súa ausencia a festa é añoranza.
Que estas festas nos sirvan para amar máis ó noso Santo.
Para os romeiros a Festa e a novena é un mar de gracias que esperan recibir. Por iso peregrinan .... Eles seguen a luz dunha fe. O seu exemplo ten que ser para todos motivo de estímulo e de reflexión.
Brindemos un abrazo a cantos nos visitan. Ó darnos ós que veñen é cando recibimos a gracia do noso Santo.
Que a unión das familias e a fraternidade para cantos nos visitan sexa símbolo do noso encontro con Deus e a gracia do ceo colme as aspiracións que ferven no noso corazón.

Imáxenes da actuación de "DJAMMAL" en Figueiró
O pasado domingo día 29 organizado polo Centro Recreativo e Cultural e patrocinado pola Concellalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño e dentro das actividades do Circuito Cultural actuou, na Praza do Telleiro de Figueiró, con gran éxito o artista “DJAMMAL”. O espectáculo foi moi variado e tivo un pouco de todo, acrobacias, malabares, interación có público, etc.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)