domingo, 10 de abril de 2011

FESTA DA ORELLA , 17 DE ABRIL, FIGUEIRÓ


A Comisión de Festas de San Campio de Lonxe de Figueiró organiza o vindeiro domingo 17 de abril a IX Festa da Orella.A partir das 10 da mañá e durante todo o día, as mulleres que forman un ano máis a Comisión ,servirán racións de orella preparada tanto ao modo tradicional (á feira, con pementón) como á vinagreta, que permite tomar a orella templada a modo de ensalada, opción esta máis fresca cando vai calor. As racións inclúen pan, cuberto e prato conmemorativo.Este ano serviráse tamén carne ao caldeiro,prato que tivo moita aceptación o ano pasado e que permite aos asistentes degustar un menú completo , ademais de chourizo ( á prancha ou frito) e empanada.A festa terá lugar como sempre na Praza do Telleiro (a carón do Santuario) e haberá unha gran carpa acondicionada con mesas e asentos para maior comodidade.A comisión de festas invita a tódolos veciños e visitantes a achegarse a esta cita gastronómica en Figueiró, e agradece a colaboración de todos para consolidar esta festa , non só na parroquia, senón tamén no Concello de Tomiño.