martes, 24 de mayo de 2011

A ASOC. DE VECIÑOS FONTE DOS CARREIROS APOIA A DEMANDA DA REFORMA DO COLEXIO DE GOIÁN,SOLICITADAS POLAS ANPAS


A ANPA do colexio público de infantil e primaria Pintor Antonio Fernández de Goián decidiu, en asemblea, convocar a tódolos pais e nais de alumnos diante do colexio o pasado martes e venres facendo unha sentada-protesta para reclamar as melloras e ampliación que solicitan para o colexio.
Estas sentadas de 10 minutos(de 9:00 a 9:10h diante do colexio) vanse facer tódolos martes e venres ata que rematen as clases o vindeiro mes de xuño, xa que presentadas as demandas na delegación territorial de educación,o xefe territorial an considera que o colexio non necesita nada.
A ANPA co respaldo dos pais e nais, está disposta a loitar por unhas melloras que consideran xustas e necesarias. Unha das medidas máis necesarias é conseguir que se fagan máis aulas no colexio para que os nenos non teñan que saír do recinto escolar para recibir clases nun edificio construído hai máis de 60 anos, tendo que ir varias veces ao día faga sol, vento ou chova.Tamén se reclama un ximnasio no recinto escolar porque os alumnos deben desprazarse máis de 250 metros para acceder a un municipal que non sempre está dispoñible e sempre suxeitos á climatoloxía, que como se sabe en Galicia é estupenda nos meses de outono e inverno.
O colectivo está disposto a continuar coas súas protestas e presións ata conseguir as melloras que demandan.

martes, 10 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS EN FIGUEIRÓ 2011






NOTA ACLARATORIA:


A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS REMATA O DÍA 17 ÁS 18:30.


GRAZAS E DESCULPEN AS MOLESTIAS.