jueves, 11 de octubre de 2007

Nueva página web para la Asociación "Fonte Dos Carreiros"

Desde este mes de Octubre la Asociación de Vecinos de Figueiró, "Fonte dos Carreiros", cuenta con una página web donde irá publicando noticias, artículos de interés, curiosidades... Esperamos que sea de vuestro agrado.

Figueiró Festeiro

FESTA DE SAN CAMPIO “de lonxe”.
Celébrase o venres, sábado e domingo da derradeira semán do mes de Xullo.

RECOLLIDO DO PREGÓN ANO 1997

( Rvdo. D. José Luis Portela Trigo)

A Festa de SAN CAMPIO é ilusión, inquietude, ledicia, fraternidade, paz, fe........ porque é algo que é noso, de todos. Tamén daqueles que ó longo de toda súa vida peregrinan a Figueiró, con moita freuencia, 70, 80 anos ininterrompidos e cantos anos a pé.......... Se o fan é porque SAN CAMPIO é seu.

Digan os nativos de Figueiró, que senten cando se achega a Festa de SAN CAMPIO e a súa terra é Castilla, Barcelona, Francia, Suiza o Inglaterra....... Pare eles é ledicia porque achégase o día de partir para visitar "o Santiño que na cama está", pero tamén e nostalxia para os que ten que quedar "lonxe da terra que en festa está".

A Festa de SAN CAMPIO únenos a todos en fraternidade. Paz e fraternidade é o que experiméntase nestas Festas, porque a fe en SAN CAMPIO un ano máis une a tantos romeiros con o pobo que a todos recibe e da a benvida. Sí, paz e fraternidade, porque en estas Festas, desaparecen as asperezas, límanse as arestas e compártese, en familia, o pan nun mesmo mantel.

E fe e esperaza para todo aquel que peregrina cargado coa cruz dos problemas, da enfermidade, do sufrimento, ou da escuridade da súa vida, e vén buscar o que ansía: a saúde, o acougo, a luz......,aos pés do santo.

E a ilusión e a inquietude teñen como froito a alegría, a paz e a fraternidade, porque unha mesma fe únenos a todos. Unha fe, froito dos actos de culto, na novena, festas, e como consecuencia dos sacramentos. A isto lévanos SAN CAMPIO; lección que nos legaron os nosos antepasados e para quen temos tamén o noso recordo o rematar estas Festas.

Que os desexos que manifestamos sexan realidade nestas FESTAS, grazas a intercesión e protección de SAN CAMPIO.

Santuario de San Campio "de lonxe"

Vista aérea do Santuario de San Campio "de lonxe"-Figueiró
Ubicado na Provincia de Pontevedra, Concello de Tomiño, carretera C 550, Km. 190,5 dirección Tui-A Guarda. SAN CAMPIO , soldado romano, padece o martirio nos tempos dos emperadores Diocleciano y Maximiliano, ano 306, e é sepultado o seu santo corpo, polos seus compañeiros na fe, no cemiterio de San Calixto - Catacumbas- en Roma. Polo seu exemplo e firmeza en confesala súa fe en Cristo, seguen no camiño do martirio a súa muller Arquelaida e os tres fillos de corta idade. O comenzo da devoción a SAN CAMPIO "de lonxe", en Figueiró, perdese na lexanía dos siglos. O suntuoso Santuario onde venerase hoxe, data do ano 1804, e foi construido sobor dunha antiga capela na honra de San Antonio de Padua. Foi reedificado nos anos 1871-1874. Consolidouse en 1974 e reformouse no ano 1993. Acuden diariamente romeiros que chegan dos lugares mais recónditos de Galicia e da parte Norte de Portugal. O nome que recibe de SAN CAMPIO "de lonxe" debese a que os romeiros veñen a pe dende moitos kilómetros de distancia, e queda lonxe o Santuario, en relación a outros lugares onde venerase este Santo. Tamén coñecese coma SAN CAMPIO "do monte" polo peregrinar dos romeiros por montes ou matorraies buscando atallos para chegar primeiro os pes do Santo.
Invocaselle para toda clase de enfermidades, especialmente nas de cancro, reumáticas e nerviosas ou mentales. En tempos pasados foi "o gran médico venturoso" o que se recurría para curar todo "meigallo" e tamén os que sufrían de "ramo cativo", é dicir, posesion diabólica.
Conforme fora a enfermidade na que o Santo mostrou a súa intercesión -ou para a que esperan alcanzar- serán os exvotos que se lle ofrecen. Disto ven que centos de figuras de cera, representando mans, pes, cabezas, gargantas, estómagos, peitos, corpos enteiros, etc., sexan depositados no seu altar.
Tamén son frecuentes as promesas de pesarse o trigo, centeo ou sal. O ofrendante paga o seu peso na especie indicada ou seu importe en metálico. Para cumplir este voto hai unha pesa moi antiga ou balanza colgante, a modo de báscula romana, onde nun platillo colocase o romeiro e no outro a materia da ofrenda. Por ter sido soldado tenselle por patrón ou protector tutelar dos xóvenes que sirven á Patria. Denantes de iren o servicio peregrinan a San Campio buscando a sua protección e moitos -coma símbolo- ofrecenlle a corbata, e o regresar veñen a darlle gracias, e si obtiveron algunha medalla ou triunfo nas campañas tamén lla ofrendan, rendindo esta homenaxe ó seu Capitán.

Imaxen de San Campio "de lonxe"

HORARIO DE CULTO NO SANTUARIO

Todos os días: Ás 20 h. no inverno - ás 21 h. no verán.
Domingos e festivos: 17 e 20 h. no inverno - 17 e 21h. no verán.

CALENDARIO DA FESTA DE SAN CAMPIO

Celébrase a festa de S. Campio o venres, sábado e domingo da derradeira semana do mes de xullo.
Comenza a novena o xoves da penúltima semana do mes de xullo, ás 21 horas da tarde.

O último venres de xullo.

Misas ás 12, Misa do doente e 21 h. (derradeiro día da novena).

Último sábado de xullo:

Misas: pola mañán: 7:00-7:45-8:30-9:15-10:00-10:45-11:30-12:00 h.

Ás 12:30 h. misa solemne e procesión. Pola tarde:17:00-18:00 e 21:00 h.
Último domingo de xullo:

Misas: pola mañán: 7:00-7:45-8:30-9:15-10:00-10:45-11:30-12:00 h. Ás 12:30 h. misa solemne e procesión. Pola tarde: 17:00-18:00-19:00-20:00 e 21:00 h.

O xoves posterior á Festa, ás 17:30 hai Funeral Solemne de sufraxio por todos os devotos de San Campio.

SERVICIOS DO SANTUARIO

Dirección espiritual; reencontro con Deus.

Servizos penitenciales e de confesións.

Área de reflexión; biblioteca espiritual.

Salóns de reunións con TV, vídeo,DVD, compacdisc, casette.

Auditorio espiritual ao aire libre para conferencias.

Área de esparcemento:

Comedor cuberto ao aire libre para 140 persoas.

Comedor pechado ao aire libre para 100 persoas.

Parque con mesas-comedor.

Área de acampada (2.500m2).

Fonte do Santo.

Fonte do peregrino.

Capela de ofrendas e de pesas.

Botafumeiros.

Obras de arte en pedra e madeira.

Libro de Peticións de favores e de Acción de Grazas.

Refuxio de peregrinos (con 55 camas en literas).

Cociña con servizos para 150 persoas.

Máis información na páxina web da Diócese de Tui-Vigo.
Santuario de San Campio de Lonxe.

O Caldeirón o "Encanto" de Figueiró

No monte en man común da parroquia de Figueiró existe unha cubeta natural escavada en pura rocha granítica que posúe un “Encanto” especial e que coñocemos polo nome do CALDEIRÓN, éste é un lugar único e irrepetible pola súa paisaxe, os infinitos recordos, as lendas e as historias.

O Rochedo furado o “Imán” de Figueiró

Foto do Rochedo Furado o "Imán de Figueiró"
.
No monte en man común da parroquia de FIGUEIRÓ existen uns magníficos monumentos naturais, modelados polo vento ó longo dos séculos, como son o “rochedo furado”, o “óvalo esculpido sobre a rocha”, a “rocha cunha altura de catro metros sobre o chan”, etc.

Como vese nestas fotos, contemplar de preto estas belezas

naturais, non é tan dificil.

A Mancomunidade de Montes de Figueiró, en xestións feitas na Concellalía de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, conseguiu que pronto éste conxunto xeolóxico, sexa un espacio de ocio e recreativo, con miradoiros e sendeiros debidamente sinalizados; que tratará de ofrecer un espacio natural para o disfrute da poboación, buscando un maior coñocemento do patrimonio do noso monte.