
Os veciños do barrio LAGO de Figueiró, e a Comisión de Festas de San Martiño 2009 presidida por D. Miguel Pereira González, convídaos a disfrutar destos festexos na fermosa Parroquia de FIGUEIRÓ.
O pasado domingo día 25 de outubro de 2009 a Asociación de Veciños "Fonte dos Carreiros" de Figueiró celebrou a Asemblea Extraordinaria para elixir a nova xunta directiva que durante catro anos xestionará e canalizará as distintas actividades desta asociación.
Presentouse unha única candidatura que foi apoiada pola unanimidade dos presentes. Rubén Muñoz Alonso (Presidente), José Manuel Riveiro López (Vicepresidente), Sara Carrera Fernández (Secretaria), Carlos Sobrino Portela (Tesoreiro) e Emilio Vicente Pacheco (Coordinador). VOCAIS: Alejandro Pereira Pereira, Olga Orduña Pereira, Cristina Gómez Lemos, Francisco Salgueiro Benavides, Míriam Riveiro López, Tamara Pereira Riveiro, Iván Rodríguez Domínguez, Catalina Costa González e Francisco José Fernándes Arranz.
Entre emotivas palabras, o presidente despediu a cinco compañeiros que deixaron a Asociación, cinco socios fundadores ós que se lle encargou velar, vixiar e aconsellar ao novo equipo. Para eles, tamén palabras de agradecemento pola súa colaboración altruista nesta etapa que remata. Logo deu a benvida ós novos membros para que sigan traballando por Figueiró, unha parroquia que é referente no concello de Tomiño e no Baixo Miño porque, como se recordou na Asemblea, moitas outras asociacións de veciños teñen nacido despois da nosa fundación, semanas culturais, actividades para terceira idade etc.
Empeza un novo periodo de catro anos e neles, a nova Xunta Directiva intentará traballar coa mesma alegría, ilusión e esforzo por Figueiró, dando solucións as distintas inquedanzas da parroquia.
O Presidente tamén manifestou a gran satisfacción que supuxo saber que os veciños e veciñas están dispostos a embarcarse nun proxecto común para dirixir o navío e recoller boas mareas para o seu patrón: Figueiró. A día de hoxe Figueiró estase facendo cun importante patrimonio tanto artístico como cultural e social. Pero nada diso sería posible sen o inmenso e impagable patrimonio humano do que dispón a parroquia.
Tamén se alabou o compromiso dos mozos e mozas que decidiron unirse a esta nova singladura e a eles se lles botou o guante para que dentro de catro anos tomen o timón da nave.
Comunicación os socios/as:
A Xunta Directiva da Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “Fonte dos Carreiros” de Figueiró informa:
Que o vindeiro domingo día 25 de outubro do 2009 acolléndose o artigos 25º e 27º dos Estatutos Xerais da Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “FONTE DOS CARREIROS” Figueiró-Tomiño, terá lugar a unha Asamblea Xeral Extraordinaria no salón de actos do Centro Recreativo e Cultural de Figueiró, ás 11 horas da mañán en primeira convocatoria si existe a presenza da metade mais un do total dos asociados e ás 11,30 da mañán en segunda convocatoria con calquera número de asistentes, para trata-lo seguinte:
ORDE DO DIA
1º.- Lectura e aprobación da acta da reunión anterior (1-2-2009), se procede.
2º.- Elección da nova Xunta Directiva.
NOTA IMPORTANTE
Poderanse presentar candidaturas ata as 20 horas do venres día 23 de outubro do 2009.