Hoxe xoves día 19 de marzo, tivo lugar o primeiro día do Campionato de tiro o prato, na modalidade de percorrido de caza, no campo das Fonteiriñas de Figueiró; organizado pola Comisión de Festas de San Campio 2009.
O campionato continuará mañán venres día 20 e o sábado día 21 con adestramentos, haberá premios para os tres mellores clasificados; e rematará o domingo día 22 coa tirada oficial con fabulosos premios e trofeos especiais para as damas.
En este evento colabora a Concellalía de Deporte e Lecer do Concello de Tomiño.