Un saúdo agarimoso e non deixar de visitarnos.
martes, 18 de marzo de 2008
Información da Xunta Directiva
Un saúdo agarimoso e non deixar de visitarnos.
1ª Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2008
A Xunta Directiva da Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “Fonte dos Carreiros” de Figueiró informa:
Que o vindeiro domingo día 6 de Abril do 2008 acolléndose o artigo 25º dos Estatutos Xerais da Asociación de Veciños, Consumidores e Usuarios “FONTE DOS CARREIROS” Figueiró-Tomiño, terá lugar a 1ª Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2008 no salón de actos do Centro Recreativo e Cultural de Figueiró, ás 11 horas da mañán en primeira convocatoria si existe a presencia da metade mais un do total dos asociados e ás 11,30 da mañán en segunda convocatoria con calquera número de asistentes, para trata-lo seguinte:
ORDE DO DIA
1º.- Lectura e aprobación da acta da reunión anterior (24-6-2007), se procede.
2º.- Informe e aprobación das contas e balances do exercicio anterior.
3º.- Estudio e aprobación do presuposto de ingresos e gastos para o este exercicio.
4º.- Exposición da memoria de xestión e actividades do exercicio anterior.
5º.- Exposición do plan de xestión e actividades para este exercicio.
6º.- Creación da Vocalía da Muller na Asociación de Veciños “Fonte dos Carreiros”.
7º.- Preguntas e propostas dos asistentes.
Fotos de actividades da Asociación 4º trimestre ano 2007
Actuación da Rondalla no Centro Recreativo e Cultural
COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
ACTOS DA FESTA DOS MAIORES DO C.V.C. DE VALLADARES
NO SANTUARIO DE SAN CAMPIO COA COLABORACIÓN DA
Funcionamento do BOTAFUMEIROS
Entrada dos carruaxes na Praza do Telleiro
A imaxen de SANTIAGO flanqueada pola bandeira de San Campio,
entrando na Praza do Telleiro
GRUPO DE BOMBOS E GAITAS DE AVEIRO (PORTUGAL)
5-AGOSTO-2007
Pasarrúas e actuación no Largo das Mestras
Un home polifacético e argalleiro en Figueiró - Don Antonio Souto Martínez "TONICO"
Personaxe polifacético de S. Campio de Lonxe, home de Figueiró, foi músico, praticante e conselleiro da medeciña rural, mayordomo de festas e profesional en zapatería en xeral, listo, inxenioso, con unha capacidade de inventar mentiras, de pequenas mentiras facer verdadeiras historias, mover xentes de un pobo a outro con unha capacidade de convencemento e creatividade impresionante.
A zapatería do “Tonico” foi en Figueiró lugar de tertulia, alá polos anos da segunda guerra mundial, despóis da nosa desgraciada campaña de guerra entre irmáns, este país quedou barrido de homes e mulleres, uns mortos a tiros outros de fame e os mais que tiveron certa sorte foron os que emigraron ou se exiliaron.
A zapatería era lugar de reunión, en aquel tempo non se facían zapatos novos, non había material, só se botaban “tombas” nas zamancas de solo de pau, os zapatos arreglábanse uns com o material de outros hasta que duraban sabe Dios canto tempo, as sandálias eran confecionadas pólo “Tonico” coas gomas dos coches xa moi usadas, ó metelas nos pés parecían barcos, diseñadas e cortadas pólo “Tonico” había diferentes modelos como si se tratara de unha moda de París, era o que había moitos anos logo de pasar a guerra, e ditoso o que tivera a sorte de lucir aqueles “modelos”.
O “Tonico” era un verdadeiro personaxe, sempre vestía un mandilón de coiro, unha badana moi vella e chea de “tombas” moi flexible; o camiño da zapatería á casa do Chaver que está en frente, foi recorrido pólo “Tonico” un promedio, algúns días, de mais de vinte veces, ai que aclarar que a casa do Chaver era tenda e taberna, cando o “Tonico” estaba em plena faena sempre chegaba alguén a invitalo a refrescar a gorxa, o “Tónico” endexamáis reusou unha invitación, o que fose, viño, aguardente, Sansón ou Sol e Sombra e conac Tres Cepas non moitas veces porque era moi caro, él recollía unha punta do mandilón de coiro á cintura e non ocupaba de sacalo, decía que non valía a pena, pois as veces cando viña de volta estaba outro paisano a esperar por él para invitalo, e así eran tódolos días do ano, tiña tamén as horas de poñer as inyeccións, tanto para xente como para algún animal que se enfermase, a caixa en onde fervía as xiringas e as agullas para uso humán habíalla regalado o meu pai, tíñalle moito cariño ó Paquiño porque habialle salvado un fillo chamado Pío cando era moi pequeno.
Voltando atrás a falar da personalidade de éste home, éra un verdadeiro xénio e un simpático demo de mentiras sin perigo de cegar a ofensa, a él tamén de vez en cando lle espetaban algunha, moi poucas…. Pero as veces tragaba.
Había aquí uns cantos homes de Figueiró que viñeran do Brasil, e frecuentaban a zapatería do “Tonico”, tamén se xuntaban homes do mesmo pobo, e uns cantos que no inverno viñan de Castilla, e algún que outro emigrante mais.
O “Tonico” cando miraba entrar algunha muller de Tomiño, de Estás ou de Goián, escomenzaba a armar a mentira. O asunto consistía en que él dicía a primeira palabra e miraba de reollo os asisentes buscando apoio, decía él: ¡Parece mentira o que lle pasou a fulano ou a ciclano¡…¡Que desgracia¡…e entón os outros contertulios apoiábanlle repetindo, pois si, ¡Foi unha verdadeira desgracia¡…E a incauta da muller que acababa de chegar, e con ánimo de saber do que se trataba, faguía a pregunta ao “Tonico” convertíase de boca en boca, cada vez nunha verdade mais grande.
Un bo día chega a zapatería do “Tonico” un bo amigo da nosa familia, era Antonio o Cantor, (eu fun un bo amigo de él que en paz descanse, en “Buenos Aires”) este bo paisano tan pronto que lle entrou a porta da zapatería xa lle espetou, ¡Coitada Isaura¡, que gran perda tivo¡…entón o finado de Antonio preguntoulle, ¿Cal foi a perda que tuvo a Isaura¡, antón dille o “Tonico” ¿E ti non o sabes?. Reventáronlle as pipas do viño e o tinto como si fora o regueiro dos Medos correulle polo outeiro pra abaixo e chegoulle ata o Regueiriño. ¡Coitada muller que perda tivo¡…
Os oito días a Isaura do Outeiro foi ó mercado do Seixo a Tomiño, e o bó do Antonio pregúntalle pola perda da reventada das pipas, e foi cando se descubriu a mentira do “Tonico”.
Outra vez o “Tonico” envolve nunha caixa de zapatos ben feito un carallete do porco, e mandoullo por un rapaz a casa de Argimiro Dava,l un home de respeito chegado do Brasil, cando o Señor Argimiro abríu a caixa e se encontra có carallete, xa se deu conta de que era cousa do “Tonico”. A represalia foi que un día cando o “Tonico” chega de mañán para abrir a zapatería, encontrouse un gran letreiro anunciando “ANTONIO SOUTO E FILLO, ESPECIALISTAS EN POZOS”....un mes sin darse palabra, pero logo volvían ás andadas.
AUTOR.-
Mario Rodríguez Gómez
Fotos da 2ª Semana Cultural de "San Campio" - Xullo 2007
Comenzo da Semana Cultural de San Campio 2007
Presentación do pregoneiro D. José Font (Director de Radio Tui)
a cargo do presidente da Asociación de Veciños
SÁBADO 21 - XULLO - 2007
Momento do Festival Folk - Grupo "Deixandar" do Rosal
Momento do Festival Folk - Grupo "NA REVOLTA" da Guarda
DOMINGO 22 - XULLO - 2007
Actuación do "Mago Antón" no día adicado OS NENOS
Centro Recreativo e Cultural de Figueiró
LUNS 23 - XULLO - 2007
2º Aniversario do Irmanamento Figueiró-Valladares
Grupo de Acordeóns do C.V.C de Valladares -Vigo
Actuación do acordeonista Xaime Vilas na compaña dun compañeiro
MARTES 24 - XULLO - 2007
Actuación dos bombos de "Sao Tiago de Sopo" e os Xigatóns-Cerveira
Actuación do Rancho Folclórico Infantil de Gondarém-Cerveira
Actuación das "Cantareiras do Alba"-C.V.C. Valladares
MÉRCORES 25 - XULLO - 2007
FESTA DO SOCIO
Gran cantidade de socios acudiron a invitación da Directiva
Actuación da Charanga "Os Charanjeiros" do Rosal
ACTUACIÓN DOS GRUPOS DE FIGUEIRÓ
Grupo de Aeróbic "Bailas Moza?" da A.V.V. Fonte dos Carreiros
Grupos de Baile Infantil (nenas e nenos) da A.V.V. "Fonte dos Carreiros"
Grupo de Baile de Salón da A.V.V. "Fonte dos Carreiros"
XOVES 26 - XULLO - 2007
Actución do Mariachi Internacional "GARIBALDI" - México D.F.
O Cruceiro da Praza do Telleiro - A súa historia
A fe dos nosos antepasados grita hoxe dende o silencio do noso maxestuoso Cruceiro. Entre os anos 1871 e 1874 lévase a cabo a obra de reforma e ampliación do templo parroquial, e no ano 1875, como se dun broche de ouro se tratara constrúise o noso Cruceiro, como se fose un mandato que a mesma vida impoñía, e é que a fe cando é viva non pode encerrarse, e se isto pretendérase facer, estouparía como un volcán.
O Cruceiro da Praza do Telleiro é unha fermosa peza arquitectónica de orde composta. Prescindindo da fachada do templo parroquial é a xoia máis preciada do entorno histórico artístico parroquial.
A cimentación está composta por pedra de pizarra e cal. Sobre a cimentación ten un enlosado, no seu perímetro, de sillería de 42 cm. de ancho e 12,25 cm. de groso. O enlosado sirve de apoio a base do cruceiro, que ten 90 cm. de alto, gardando a mesma forma circular, e formando unha escocia de arriba abaixo, dividida en tres fileiras de sillería.
Sobre a base ten catro escalóns, formando cada un, un polígono regular de oito lados tamén de sillería con as súas cornisas. Sobre os escalóns apoia un pedestal de 1,60 m. de alto, gardando a mesma forma de polígono que os banzos. Cada un dos lados ten 44 cm. de ancho. E nos oito lados leva oito emblemas da Pasión en relieve; un por lado.
O pedestal sostén o asta circular e o capitel con unha altura de 4,20 m., incluida a base e a cornixa, adornada de florituras, propias da orde corintia. O capitel destaca coas follas de acanto. Sobre o capitel arranca unha peza con a súa escocia que sirve de base á Cruz, labrada figurando madeira rústica.
A Cruz leva dun lado a imaxen do Cruficado, toda ela dunha soa peza. A súa altura é de 63 cm. Doutro lado da Cruz aparece a Virxe sobre un globo e cun pé aplastando a serpe. Ten unha espada clavada no corazón. Mide esta imaxen 63 cm.
O Cruceiro ata o capitel é de pedra de granito das canteiras de Portugal. E o capitel de arriba, foi labrado en pedra de gran do pobo lusitano de Afife.
Foi o artista desta obra D. José-Antonio Ramallosa, da Freguesía de Gondarém (Portugal). Importou a súa realización 6.500 reais. Foron tódolos materiais por conta do Mestre, menos a cal para a cimentación, as madeiras dos andamios e as varas dos tiros.
Firmouse o contrato de obra do Cruceiro o día 11 de abril do 1875, tendo como prazo para a súa realización ata o día 15 de xullo do mesmo ano. Estiveron presentes e asinaron o documento: D. Serafín Vicente Alonso, Cura Párroco; D. José-Antonio Ramallosa, mestre canteiro; e os consiliarios e testigos: D. Miguel Fernández, D. Manuel Souto, D. Juan-Benito Álvarez e Benito Souto. Ésta obra non foi rematada no prazo previsto no contrato, xa que ata o día 6 de xullo de 1877 o Mestre canteiro non fai entrega do Monumento ó Cura-Párroco D. Serafín Vicente Alonso, e Consiliarios, D.Benito Moure e D. Manuel Fernández, que efectúan o derradeiro pago do mesmo e asinan todos a unha o testimonial de conformidade.
O 21 de abril do 1906 colocoúse un enreixado de ferro con lanzas que rodea o Cruceiro, para que estivese máis preservado. Realizou esta obra o ferreiro D. Juan Pantaleón, de A Guarda (Pontevedra). Ascendeu o seu custo á suma de 1.576 reais, que foron pagados con fondos de San Campio, cuya autorización había sido obtida do Sr. Obispo o día 17 do mesmo mes e ano.
A imaxen da Santísima Virxe no Cruceiro caiu e desfíxose no ano 1910, e foi colocada outra nova o 13 de xuño de 1911. Realizou esta nova obra o Mestre D. Manuel González. Seu custo foi de 700 reais. Pagouse o seu importe tamén con fondos da devoción de San Campio, obténdose o correspondente permiso diocesano o día 6 do mes e ano citados.
AUTOR.-
José Luis Portela Trigo
Fotos dos actos no "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" 17-Maio-2007
Actuación do Grupo Folclórico do C.C. "Santa Columba"-Ribadeluro-Tui
Reportaxe da Exposición Fotográfica "ESENCIAS DE FIGUEIRÓ EN IMAXES" - 1-8 de Abril 2007
A inauguración tivo lugar ás 12,30 da mañán do domingo día 1 de Abril.
Para que esta emotiva e agardada EXPOSICIÓN foxe unha relidade, contouse coa participación dos veciños de Figueiró, de Pepe Rivas (A Guarda), de Fotomiño, do Centro Recreativo e Cultural de Figueiró e do Concello de Tomiño.
Foto estrela da Exposición, imaxen da CASA DO POBO
hoxe CENTRO DE FIGUEIRÓ, no ano 1927
Réplica dun estudio fotográfico de mediados do século pasado
Panel expositor de fotos
Vista xeral da Exposición
Vista xeral da Exposición, dende outro ángulo
Foto onde móstrase o gran interés que despertou a Exposición
Unha muller loitadora - Dona Isaura Gómez Pérez
Nace en Lisboa en 1.898, filla de Santiago Gómez Darriba e Dona Agustina Pérez San Miguel. O pai tiña fábrica de liño e adicábase a mercar e vender casas en Lisboa. Isaura chega a Galicia con 13 anos á casa propiedade de súa nai en Figueiró (Tomiño), parroquia onde tiña unha tenda de comestibles, os veciños o ver aquela nena blanca e ben vestidas a tiñan como unha reina, D. Santiago faleceu dun ataque o corazón.
Dona Agustina estaba considerada en Lisboa cómo “a nai dos pobres” [así figurou no xornal Diario de Noticias cando finou os 57 anos, debido a que reapartía parte do capital do marido en atender as grandes necesidades do barrio onde vivían], e Isaura con quince quedou ó cargo de familiares do pai. Seus outros catro irmáns finaron tamén moi novos, o quedar sola en Lisboa é cando volta a Figueiró.
A casa actual de Figueiró fora construida para os xornaleiros e empregados, usandoa nos verans, ainda que o mais normal era veranear en caldas da Rainha, Figueira da Foz, Nazaret etc.etc. cando Isaura tiña uns poucos de anos.
Estudiou no Colexio Liceo Francés de Lisboa, lembrándose nos anos vinte de D. Manuel de Arreaga e D. Bernardino Luís Machado Güimaraes presidentes da República Portuguesa. De D. Manuel de Arreaga lémbrase dos desfiles que ían presenciar na Avenida da República montado nun grande cabalo branco. Lembra tamen a Revolución e o nome de Sidonio Pais diante da súa casa na rúa Santa Apolonia.
En 1927 os 21 anos casou en Figueiró con Francisco Rodríguez Otero natural de Goian e secretario do Xulgado de Paz de Tomiño, popularmente “Paquiño de Figueiró”, gran xogador de fútbol do Club Goian, bo cociñeiro.
Isaura colabora co xornal O Crítico de Lisboa, logo en Coimbra para finalmente desaparecer, escribe poemas románticos, versados todos eles sobre o amor, e prosa en Faro de Vigo, Nuevo Heraldo.
A paz e tranquilidade, ambiente cultural, loita contra a pobreza etc.etc. que viñan disfrutando na IIª República queda truncada de raiz o estalar a rebelión militar de Franco. O 18 de xullo de 1.936 ten lugar a rebelión militar contra a IIª República, no Baixo Miño fórmanse Xuntas de Defensa presididas polos Alcaldes. En Tomiño polo Alcalde D. Manuel Vicente, Francisco Rodríguez Otero como secretario, os concelleiros e autoridades da Federación Agraria.
A Xunta de defensa de Tomiño mete en prisión ó cura Rivas de Vilameán de Tebra, a Francisco Pino de Forcadela, a “O Inverno” de Barrantes, e Manuel España quen se esconde no fallado da casa e confecciona unha lista “negra” de persoas da dereita local co fin de facer ver aos falanxistas que foran os republicanos que a fixeran.
Seu home o ver que as cousas estaban tomando un canle moi grave para a vida das persoas cómo el, decide marchar a Portugal co pasaporte que dispuña, en Vila Nova de Cerveira foi recoñocido polo Tte. Garda Civil de Goian que fuxira nos primeiros momentos da rebelión a Portugal, e xusto o día 26 de xullo cando as tropas de Franco entraban en Tui, denunciado a PIDE (Policía Politica creada polo dictador Oliveira Salazar) [....] detengan a este sujeto que es comunista escapado de España...
Paco era simplemente republicano, o levan para Oporto – sen tempo a chamar a súa muller quen o creía a salvo en Lisboa - logo é trasladado a prisión de Tui [hoxe Xulgados de Tui], Isaura entérase a través dun barqueiro da barca de Goián que apreciaba a Paco.
Ca axuda do médico de Goián D. Cesáreo Carrera que tiña bastantes influencias, arranxa os papeis para poder ir visitar a Paco na prisión de Tui, elí non a deixan pasar é foi D. Manuel Pino quen a levou dentro dicíndolle os guardias que el respondía pola muller, elí estaban detidos os médicos de Tui – logo fusilados - D. Alejo Diz Jurado e D. Darío Álvarez Limeses, dous auténticos mártires da represión falanxista, segundo Dona Josefa García Segret [....] considerados por el pueblo cómo los Patricios por las virtudes que encarnaban sus bondadosos actos, y aún hoy (1982) se les recuerda como “padres de los pobres de Tuy”.
O contratista D. Serafin Fernández Costas, seu fillo, o aparellador D. Julio Fernández, o oficial de Correos D. Felipe Muñoz e o rentista D. Manuel Domínguez León foron fusilados.o 30 de outubro de 1936 acusados de [....] adhesión entusiasta y voluntaria a la rebelión comunista del Frente Popular...[¡pero se os que fixeron a rebelión militar eran os mesmos asesinos!]
Antes, o 23 de setembro, foran fusilados D. Celestino Balsa e D. Manuel Carracido, mozos de 22 anos de Ponte do Porto entregados horas antes de ser fusilados pola PIDE portuguesa en Tui.
Tamén foron fusilados en Tui: D. Manuel Estévez comerciante retirado de Cuba, D. José Cortés mestre de Goian, D. Leoncio de Forcadela rentista no Brasil, D. Juan Zúñiga comerciante de Tomiño, Augusto de Areas –Tui músico, Dona Josefa finou en agosto de 1.986.
A resistencia dos republicanos, organizados por unha Xunta de Defensa do Frente Popular co Alcalde D. Guillermo Vicente de Santiago [presidente de Esquerda Republicana], o médico Hermenegildo Losada [presidente do Frente Popular, quen se entrevistara co bispo solicitando súa colaboración], e o deputado agrarista do Baixo Miño Antón Alonso Ríos, o farmacéutico D. Ulpiano Piña, D. Manuel Romero comerciante, e o panadeiro Gumersindo Rodríguez como respresentante da CNT, contra as tropas sublevadas chegadas de Ourense, artillería de Campolongo en Pontevedra, foron detidas na costa da Moura durante dous días (25 – 26 ), por quince carabineiros de Tui ó mando do capitán D. Marcelino Rodríguez Blanco [fusilado] e do brigada Pérez Rodríguez, un sarxento e seis números da Garda Civil, tripulantes do garda costas Cabo Fradera baixo as órdenes do Tte de Navío D. Joaquin Varela de Eguilaz [2 anos de prisión].
Meten en prisión ó Tte. de Carabineiros D. Salvador Buhigas Dono por apoiar aos sublevados de Franco quen o día 27 sería o que entre na Guarda ó mando das tropas de Franco apoderándose do Concello.
Para evitar desmáns o Alcalde de Tui ordena deter os sacerdotes, preguntando o bispo onde quería que lle enviasen, recibindo unha carta do secretario do bispo onde se lle daba as gracias pola “forma delicada con que o alcalde había tratado os sacerdotes”.
Antón Alonso Ríos acude o día 19 de xullo a Guarda para falar con Brasilino e Xoán Noia ca finalidade de uni-los esforzos, vistan Oia e volven A Guarda. Concentran tódalas forzas da Guarda, mariñeiros do destacamento de O Pasaxe e dez parellas mais de Gardas Civiles. Aterra unha avioneta na Canosa pilotada polo representante comercial D. Francisco Bofill, que finou combatindo a favor da República o 18 de febreiro de 1937, a Xunta de Defensa confisca a avioneta e ordena botar octavillas por Vigo defendendo a República, e no día 20 chegan varios hidroavións da Base de Marin que deixan cair unhas bombas na Canosa destruindo a avioneta.
Neste día 20 o Alcalde de A Guarda D. Brasilino Honorio Álvarez Sobrino recibe unha chamada telefónica dende Pontevedra do capitán de artillería D. Ignacio Nandin que lle insta a rendirse e deixalo mando, contestándolle Brasilino que él é o representante lexítimo do goberno constitucional da República, Nandin lle di “atente a las consecuencias”, pero Brasilino remata a conversa engadindo ...[...] los pueblos no se conquistan por teléfono... A Guarda foi o último pobo en cair no poder dos sublevados de Franco.
O día 23 de xullo o comandante militar de Vigo Sr. Sánchez ordena o capitan Losada de Tui que declarase o Estado de Guerra e fusilase a todolos dirixentes do Frente Popular, negándose éste a facelo. O día 25 comezan os combates, chegando mais tropas de artillería da sexta batería do Reximento Mixto de Artillería nº 15 de Pontevedra e as tres da tarde do día 26 de xullo remata a resistencia republicana, entrando en Tui as tropas rebeldes. Comeza a persecución polos montes e de seguido aparecen camións con cadáveres de republicanos, entre eles o panadeiro D. Gumersindo Rodríguez.
Neses días atopábase en Tui facendo exercicios espirituais o logo Cardenal D. Vicente Enrique y Tarancón [un dos artífices da Transición Española despois da morte do Dictador Franco], quedando fortemente impresionado da dura represión practicada polas tropas e sobre de todo polos falanxistas, lembranzas que logo levou a escribir un libro de “memorias”.
O 4 de outubro de 1.936 Francisco Rodríguez Otero foi sacado da prisión de Tui e levado polos falanxistas ata Mondariz onde foi “paseado”, aparecendo seu corpo tirado na cuneta.
En 1937 chega a casa de Isaura para ver no que a podía axudar o Sr. Daval amigo da familia, nos cinco meses que estivo eli refuxiado Xoán Noia Xil, quen a pesares de tantos amigos cómo tiña ó final tivo que ir para Figueiró. D. Valentin Paz Andrade amigo tamén da familia preparoulle a viaxe para Arxentina debido a que os falanxistas tiñan intención de facerlles algo (a ela e seus dous fillos).
En Arxentina Isaura adícase a pedir roupa polas casas arxentinas co fin de enviala a Figueiró, contando ca gran axuda de Antón Alonso Ríos que había chegado dende Lisboa en xuño de 1.939 a bordo do vapor “Lipari”, elí Mario Rodríguez Gómez aprendeu o oficio de cociñeiro.
Relata Isaura que Antón tivo a sorte de atopar en Lisboa a D. José Blanco dono dun restaurante a quen Isaura lle adiantou os cartos da estancia de Antón debido a que os sobriños de Blanco quixeron liquidar o negocio. Estando en Arxentina Antón Alonso Ríos pagoulle os cartos a Isaura.
Hipólito Gallego Camarero mestre de Forcadela asasinado en Mondariz o 4 de outubro de 1.936,c lavado en terra por unha bayoneta, cando pareceu tirado na cuneta esta totalente desfeito de tantas barbaridades cometidas contra seu corpo. A viuda Dona Josefa García Segret acusa no seu Libro Abajo Las Dictaduras a: Francisco Pino, Alvarez Aldir, Manuel de Santiago, Gumersindo Alonso “O Rubio”, Tomé e Bugarin.
Tamén foron masacrados: o ferreiro de Caldelas de Tui, a Leandro Cal de Forcadela con 25 anos que levaron dende A Guarda atado a un coche e a rrastas a toda velocidade ata o Tamuxe onde o martorizaron e cortáronlle os xenitais. Manolo Noia Xil dende Portecelo ata San Xián fixerono ir descalzo polo monte de 6 a 7 km. A latigazos e culatazos de falanxistas de A Guarda e O Rosal, subindo e baixando o monte ata baixar polo monte de Oia, cando chegaron a praia fixeron que desvestira e morto a golpes nunha pedra, logo fixo puntería o Médico José Jurado de Tui, casado logo con unha filla de Dona María Martínez, moribundo como estaba tamén lle cortaron os xenitais Jurado deulle o tiro de gracia.
O LAVADO DE CEREBRO A QUE O RÉXIME MILITAR DO DICTADOR FRANCISCO FRANCO BAHAMONDE, SOMETEU AOS QUE NON PENSABAN COMO ELES, CO BENEPLÁCITO E AS BENDICIÓNS DA IGREXA OFICIAL, APOIADO POLOS XUÍCES E TRIBUNAIS NOMEADOS POLO RÉXIME , QUEDA PLASMADO DO YO PECADOR:
Militares, funcionarios e sobre todo mestres foron obligados a asinar a chamada Acta de Retractación [o pobo bautizouna cómo “O Yo Pecador”]ca que pretendían que desa maneira podía evitar depuracións e xuicios:
[....] Ante el tribunal de personas honorables presentes, DECLARO:
1.-No estar conforme con la politica del llamado Frente Popular, con los procedimientos de que éste se vale y se ha valido para destrozar y hundir nuestra amada España, con la vileza de sus directivos y hombres de gobierno, con sus asesinatos y robos, con la sumisión a Rusia, con la desvinculación de la Patria, manifestando que si alguna vez pudo desviarme como ideal demócrata, lo repugno actualmente.
2.-No pertenecer a la secta masónica ni tener relaciones con ella, creyéndola vil, miserable y enemiga de la Patria, de mi familia y de mi dignidad como hombre y como español.
3.-No pertenecer a ningún partido político ni afiliarme en lo sucesivo mientras me encuentre en servicio activo.
4.-Estar de acuerdo con la alteza de miras, patriotismo y nobles finalidades que han conducido al Movimiento Salvador de nuestro Ejército.
Publicado nunha páxina da WEB de Galiciasuroeste http://www.galiciasuroeste.info/
FONTES:
Antón Hipólito Alonso Ríos O Siñor Afranio de Amaral.
Victoria Armesto. Los hijos cautivos de Breogán.
Josefa García Segret. Abajo las Dictaduras.
lunes, 17 de marzo de 2008
Fotos da 1ª Semana Cultural de "San Campio" - Xullo 2006
Actuación do grupo de baile "actividade de aeróbic" da A.V.V.