domingo, 27 de marzo de 2011

O Concello de Tomiño homenaxea a título póstumo, a Isaura Gómez.


Precedido por unha ofrenda floral no cemiterio parroquial, na noitiña do venres día 25 de marzo tivo lugar no Centro Cultural e Recreativo de Figueiró, á presentación do libro IZAURA GOMES - De Lisboa a Galicia. O acto cultural contou coa asistencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González; da autora do libro, Carmen Bouza Rey; do fillo de Isaura, o pintor Mario Rodríguez Gómez; e do presidente da Asociación de Veciños "Fonte dos Carreiros", Rubén Muñoz Alonso; así como numerosos veciños da parroquia e doutros lugares do termo municipal e de concellos da comarca miñota.
De esquerda a dereita: O pintor Mario Rodríguez, fillo de Isaura; Sandra González, alcaldesa de Tomiño; Carmen Bouza Rey, escritora; e Rubén Muñoz, presidente da Asociación de Veciños "Fonte dos Carreiros"Foto: José Antonio González Morais A edición desta obra, e a homenaxe a Isaura Gómez é unha iniciativa do Concello de Tomiño que a través da súa Oficina de Igualdade ven mostrando o seu interese e compromiso por visualizar e poñer en valor o papel feminino nos máis diferentes ámbitos, recuperando e divulgando a memoria de personaxes destacadas como é o caso de Isaura Gómez. Abriu o turno de intervencións Rubén Muñoz, afirmando estar moi emocionado e lembrou que era un día de grandes emocións, sentimentos de amor e gratitude e grandes recordos. Rubén relembrou que tiña unha grande e profunda amistade, alén do vínculo familiar esistente entre as familias."Nunca esquecerei - dixo Rubén - as tardes que pasábamos con Isaura, unha muller que admiro polo seu amor, talento e sobre todo, pola súa sensibilidade, transmitida por uns ollos azuis, con unha mirada limpa, intensa é chea de vida. Unha muller que con lealdade fixo a loita, con ideais de liberdade, xustiza e benestar común. A presentación deste libro énchenos de ledicia e fainos estar moi orgullosos porque se fai xustiza por ser una muller loitadora nunha época en que as condicións económicas, sociais e políticas eran totalmente adversas. Os veciños e veciñas de Figueiró, estamos inmensamente agradecidos polo empeño da alcaldesa Dona Sandra González que depositou neste proxecto moita ilusión e tenacidade. Hoxe é unha realidade que enriquece o noso patrimonio cultural. Moitas gracias". Ruben rematou súa intervención coa lectura dunha poesía de Isaura, e dicindo que "os ollos bonitos eran os de súa tía Isaura". A alcaldesa de Tomiño, Sandra González salientou que "é un orgullo poder celebrar este recoñecemento público a Isaura Gómez, a quen tiven a fortuna de coñecer e tratar persoalmente". En opinión da rexedora "é necesario rescatar e dar a coñecer a memoria de mulleres como ela que defenderon e acreditaron firmemente nunha sociedade máis igualitaria e se converteron nun referente que as tomiñesas de hoxe e as do futuro nunca debéramos perder de vista". Carmen Bouza, a autora do libro toma a palabra con agradecementos a alcaldesa, público, familia e amigos de Isaura.Carmen relembrou que coñeceu a Isaura "por puro azar. Cheguei a Figueiró e vin unha muller pequeniña, e que so quería falar, e que eu so escoitaba. Pasou o tempo e chegou a hora de marchar e díxome que voltara. Quedei impresionada de como relataba Isaura. Sempre voltei a Figueiró para escoitar os relatos de Isaura. Falábame de todo: da República, da Monarquía, da súa vida, de Lisboa, da súa infancia en Lisboa, do seu pobo de orixe, do carnaval, da súa familia, etc.., Eu soñaba, viaxaba, voaba xunto con Isaura a traverso dos seus innumerables relatos, deslabazados e intemporais pero que a min iso non me importaba so quería escoitar o que Isaura contaba. Un día, Isaura díxome que escribe. Faloume dun artigo de cando tiña 18 anos: "Dolores que viven". Escribiu ese artigo cando quedou soa, sen familia íntima e séntese soiña. Ese artigo foi publicado na Gazeta da Figueira. Cando me falaba da familia non entendía nada, e tiven que facer a árbore xenealóxica para poder comprender. Recollín tódolos artigos que foron publicados no Heraldo Guardés, gracias a familia Noia.Isaura cae, ingresa no hospital e díxome que tiña que escreber un libro da súa vida. A promesa estaba sobre a mesa. Viaxei ata Lisboa para saber cal era a casa, buscar fotos partida de nacemento, etc..., Isaura facía todo o posible para recoller todo o material necesario, pasa o tempo enferma e morre.Sandra chámame e propúxome facer o libro. Comecei de cero e o libro esta aquí. Un libro con algúns relatos en portugués. Lembro a Isaura como unha muller boa, comprometida, culta, cariñosa, coqueta, xenerosa, mimosa, fráxil, comunicadora, chea de dozura. Unha muller multifacética, unha gran narradora. Intentei ser obxectiva. O libro ten dúas partes, dende a súa infancia ata que se casa, e outra parte dende que casa con Paco, viaxes dende Galicia a Lisboa, etc... (...)" Finalmente fixo uso da palabra, o pintor Mario Rodríguez Gómez, fillo de Isaura, que visiblemente emocionado agradeceu a todos a súa asistencia a este recoñecemento a súa nai. ISAURA GÓMEZ Isaura Gómez naceu en Lisboa en 1905 e viviu case toda súa vida na parroquia tomiñesa de Figueiró onde faleceu con 93 anos de idade. Foi unha muller culta e moi activa, defensora a ultranza de valores como a xustiza, a igualdade e a liberdade. A pesar de sufrir moi de cerca o drama da guerra civil e da represión franquista, Isaura nunca deixou de apoiar e estar ao lado das persoas que máis dificultades e necesidades estaban pasando

viernes, 25 de marzo de 2011

HOMENAXE A ISAURA GÓMEZ E PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO


Hoxe, venres, ás 20.00 horas no Centro Recreativo de Figueiró, será celebrada unha homenaxe á memoria de Isaura Gómez Pérez, que foi ilustre veciña desta parroquia e é autentico símbolo da loita pola xustiza e polas liberdades.
Durante este acto, no que participarán veciños de Figueiró así como representantes sociais e veciñais doutras parroquias tomiñesas, será realizada unha ofrenda floral no camposanto, proxectándose un vídeo e farase a presentación dun libro dedicado á figura de Isaura Gómez.
A edición desta obra e a homenaxe a Isaura Gómez é unha iniciativa do Concello de Tomiño que a través da súa Oficina de Igualdade vén mostrando o seu interese e compromiso por visualizar e poñer en valor o papel feminino nos máis diferentes ámbitos, recuperando e divulgando a memoria de personaxes destacadas como é o caso de Isaura Gómez.
O acto contará coas intervencións da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e da autora do libro Carmen Bouza Rey. Posteriormente abrirase un turno no que o público asistente poderá realizar as preguntas ou comentarios que desexe.
Isaura Gómez naceu en Lisboa en 1905 e viviu case toda a súa vida na parroquia tomiñesa de Figueiró, onde faleceu con 93 anos de idade. Foi unha muller culta e moi activa, defensora a ultranza de valores como a xustiza, a igualdade e a liberdade. A pesar de sufrir moi de cerca o drama da guerra civil e da represión franquista, Isaura nunca deixou de apoiar e estar ao lado das persoas que máis dificultades e necesidades estaban pasando.
Sandra González sinalaba que "é un orgullo poder celebrar este recoñecemento público a Isaura Gómez, a quen tiven a fortuna de coñecer e tratar persoalmente". En opinión da rexedora "é necesario rescatar e dar a coñecer a memoria de mulleres como ela que defenderon e acreditaron firmemente nunha sociedade máis igualitaria e se converteron nun referente que as tomiñesas de hoxe e as do futuro nunca debéramos perder de vista.

lunes, 14 de marzo de 2011