martes, 20 de mayo de 2008

Imáxenes dun día grande en Figueiró, có motivo da celebración do "Día das Letras Galegas"

O pasado sábado día 17 "Día das Letras Galegas" coa presenza de numeroso público, tivo lugar na Praza do Telleiro de Figueiró a exposición e entrega de premios do 3º Concurso de redación e debuxo para escolares, organizado pola Asociación de Veciños FONTE DOS CARREIROS. A opinión expresada polas persoas asistentes, resaltaba o bo nivel dos traballos expostos, xa que correspondían a nenos con idade non superior os 12 anos. O acto de entrega de premios escomenzou cunhas palabras do presidente da Asociación, onde animou a todos a respetar a língua galega e agradeceu o xurado, mestres e patrocinadores a súa colaboración. Despóis, unha nena leu uns poemas do escritor homenaxeado neste ano 2008 (Xosé María Alvarez Blázquez). O momento máis esperado e emotivo da xornada, chegou coa entrega dos agasallos ós nenos/as gañadores; as súas caras expresaban satisfación e ledicia polos premios conqueridos, algo que debería servir de estímulo no seu futuro escolar. Tódolos nenos presentes no acto, recibiron un agasallo conmemorativo. Neste concurso participaron os alumnos/as matriculados/as no CEIP Antonio Fernández de Goian e na Aula de Educación Infantil de Figueiró.



Para remata-lo evento, e organizado polo Centro Recreativo e Cultural de Figueiró có patrocinio da Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, actuou o grupo de Animación Infantil “Llilla e Paspallás” que colleitou grandes aplausos, tando dos nenos como dos maiores.

martes, 13 de mayo de 2008

Celebración do Día das Letras Galegas en Figueiró

A Asociación de Veciños FONTE DOS CARREIROS de Figueiró organiza, co gallo da celebración do día das Letras Galegas, o 3º Concurso de redación e debuxo para escolares. Neste concurso participan tódolos alumnos/as matriculados/as no CEIP Antonio Fernández deGoian e na Aula de Educación Infantil de Figueiró.
Dende aquí a Xunta Directiva desta Asociación ten o pracer de comunicarlles que o vindeiro sábado, día 17 de maio, a partires das 12:30 da mañá, exporanse os debuxos e redacións na Praza do Telleiro de Figueiró.
Posteriormente, ás 5:30 da tarde terá lugar a entrega de premios.
Un xurado formado por mestres, artistas, periodista e concelleiro de cultura do Concello de Tomiño foi o encargado de decidir, entre os taballos presentados, ós gañadores das distintas categorías.
Dende aquí queremos expresar a nosa sincera gratitude á dirección e corpo docente do colexio de Goian e unitaria de Figueiró. Sen a súa axuda e colaboración este concurso non sería posible.
Tamén agradecemos profundamente a colaboración da editorial Edicións Xerais de Galicia, Xunta de Galicia, Concello de Tomiño, Centro Cultural de Figueiró e de tódolos membros do xurado.
Con este humilde concurso, a Asociación desexa contribuír no fomento da difusión da cultura galega e promocionar a lectura en galego: UN LIBRO, A TÚA MELLOR COMPAÑA.
.

miércoles, 7 de mayo de 2008

Actuación do grupo de aeróbic "Bailas moza?" en Caldelas-Tui



DOMINGO 4 MAIO 2008 "FESTIVAL DA NAI"
ASOCIACIÓN SOCIO-CULTURAL E DEPORTIVA "A INSUA"

lunes, 5 de mayo de 2008

Imáxenes da actuación da Coral Polifónica de Amurrio (Alava) no Santuario de San Campio

VENRES 2 MAIO 2008


Duas imáxenes que mostran a Coral Polifónica
cantando no Altar Maior do Santuario
.




Un momento moi emotivo desta velada musical foi, a
actuación dun artista que tocou o CHISTU e o TAMBORIL
dúo instrumental típico do País Vasco

Tiro ó Prato "FIGUEIRÓ 2008"

CARTEL ANUNCIADOR DA ACTIVIDADE
.
O derradeiro fin de semana (sábado día 3 e o domingo 4 de maio) a Comisión de Festas de San Campio de Lonxe organizou unha competición de Tiro ó Prato no Campo de Tiro das Fonteiriñas (Figueiró), na modalidade de Percorrido de Caza.
En ámbolos días, a afluencia de tiradores e espectadores foi numerosa o que encheu de satisfación ás integrantes da Comisión.