sábado, 10 de julio de 2010

SEMANA CULTURAL SAN CAMPIO 2010

Figueiró, a 6 de xullo do 2010


A parroquia de Figueiró será, un ano máis, un centro de referencia socio-cultural no Baixo Miño entre os días 15 e 22 de xullo.


Un amplo abano de actividades culturais, festeiras e relixiosas transformarán a Praza do “Telleiro” e o recinto do “Santuario de San Campio” nun lugar perfecto para que nenos, xóvenes e maiores desfruten con ledicia dunha programación pensada para todos.

Este conxunto de actividades escomenzarán o xoves 15 de xullo có 1º día da novena a “San Campio”, a lectura do pregón da V Semana Cultural de “San Campio” a cargo da presidenta da Asociacion Cultural Guardesa Julia Sobrino Gonzalez e a actuación do grupo “Do lusco Fusco” e rematará, na noite do xoves día 22 de xullo, coa actuación do Grupo “Lareira” da Guarda

Están organizadas pola A.V.V. “Fonte dos Carreiros” de Figueiró

Tódala programación da V Semana Cultural de “San Campio” mándase en carteis ( 4 Follas do Díptico da Semana Cultural ).



* NOTA:
No venres 16 de xullo “Día da xuventude e da Integración” contaremos con tres grupos que son “INMIGRANTES Y LEGALES” da Guarda; “SANTOS MORCEGOS” tamén da Guarda; e “THE TROLLS” de Tomiño.




Para máis información D. Rubén Muñoz Alonso Telf.- 618760190.

SEMANA CULTURAL DE SAN CAMPIO 2010


lunes, 21 de junio de 2010

GRANDE ÉXITO DA 1ª SARDIÑADA POPULAR

GRAN ÉXITO DA 1ª SARDIÑADA POPULAR DE SAN XOÁN EN FIGUEIRÓ.

O pasado Sábado 19 de Xuño celebrouse en Figueiró a primeira Sardiñada Popular de San Xoán, organizada pola Asociación de Veciños Fonte dos carreiros.

A pesar de prever con anticipación a venda de tiques, o mesmo día venderonse un setenta por cento a maiores, así conseguironse asar mais de oitocentas sardiñadas superando tódalas previsións polos organizadores. Tivo tamén moitísimo éxito o pan de millo feito artesanalmente en Martín no Rosal, igualmente o viño tinto do baixo niño. Centos de persoas pasaron pola parroquia, peregrinos devotos de San Campio e dous turistas de Rusia. Así aproveitaron para conocer o hermoso Santuario de San Campio e as súas instalación.

Esperamos se as cousas van por bo camiño repetir o ano que ben.

Gustaríanos a esta Xunta nDirectiva da Asociación de Veciños, aproveitar esta ocasión una vez mais para agradecer enormemente, a sempre desinteresada axuda prestada polo nosso querido párroco Don José Luis Portela, por habernos deixado usar as instalación do ,Albergue parroquial para uso e disfrute de tódolos socios socias, devotos de San Campio feligreses e amigos, veciños doutras parroquias etec. Etc.

E a vos veciños de Figueiró agradecervos tamén a vosa participación, e que nos Valera a todos este rato de lecer para estar a gusto cos nosos amigos e familiaresme e seguir disfrutando da nosa fermosa parroquia.