Vista aérea do Santuario de San Campio "de lonxe"-Figueiró
Ubicado na Provincia de Pontevedra, Concello de Tomiño, carretera C 550, Km. 190,5 dirección Tui-A Guarda. SAN CAMPIO , soldado romano, padece o martirio nos tempos dos emperadores Diocleciano y Maximiliano, ano 306, e é sepultado o seu santo corpo, polos seus compañeiros na fe, no cemiterio de San Calixto - Catacumbas- en Roma. Polo seu exemplo e firmeza en confesala súa fe en Cristo, seguen no camiño do martirio a súa muller Arquelaida e os tres fillos de corta idade. O comenzo da devoción a SAN CAMPIO "de lonxe", en Figueiró, perdese na lexanía dos siglos. O suntuoso Santuario onde venerase hoxe, data do ano 1804, e foi construido sobor dunha antiga capela na honra de San Antonio de Padua. Foi reedificado nos anos 1871-1874. Consolidouse en 1974 e reformouse no ano 1993. Acuden diariamente romeiros que chegan dos lugares mais recónditos de Galicia e da parte Norte de Portugal. O nome que recibe de SAN CAMPIO "de lonxe" debese a que os romeiros veñen a pe dende moitos kilómetros de distancia, e queda lonxe o Santuario, en relación a outros lugares onde venerase este Santo. Tamén coñecese coma SAN CAMPIO "do monte" polo peregrinar dos romeiros por montes ou matorraies buscando atallos para chegar primeiro os pes do Santo. Invocaselle para toda clase de enfermidades, especialmente nas de cancro, reumáticas e nerviosas ou mentales. En tempos pasados foi "o gran médico venturoso" o que se recurría para curar todo "meigallo" e tamén os que sufrían de "ramo cativo", é dicir, posesion diabólica.
Conforme fora a enfermidade na que o Santo mostrou a súa intercesión -ou para a que esperan alcanzar- serán os exvotos que se lle ofrecen. Disto ven que centos de figuras de cera, representando mans, pes, cabezas, gargantas, estómagos, peitos, corpos enteiros, etc., sexan depositados no seu altar.
Tamén son frecuentes as promesas de pesarse o trigo, centeo ou sal. O ofrendante paga o seu peso na especie indicada ou seu importe en metálico. Para cumplir este voto hai unha pesa moi antiga ou balanza colgante, a modo de báscula romana, onde nun platillo colocase o romeiro e no outro a materia da ofrenda. Por ter sido soldado tenselle por patrón ou protector tutelar dos xóvenes que sirven á Patria. Denantes de iren o servicio peregrinan a San Campio buscando a sua protección e moitos -coma símbolo- ofrecenlle a corbata, e o regresar veñen a darlle gracias, e si obtiveron algunha medalla ou triunfo nas campañas tamén lla ofrendan, rendindo esta homenaxe ó seu Capitán.

Imaxen de San Campio "de lonxe"
HORARIO DE CULTO NO SANTUARIO
Todos os días: Ás 20 h. no inverno - ás 21 h. no verán.
Domingos e festivos: 17 e 20 h. no inverno - 17 e 21h. no verán.
CALENDARIO DA FESTA DE SAN CAMPIO
Celébrase a festa de S. Campio o venres, sábado e domingo da derradeira semana do mes de xullo.
Comenza a novena o xoves da penúltima semana do mes de xullo, ás 21 horas da tarde.
O último venres de xullo.
Misas ás 12, Misa do doente e 21 h. (derradeiro día da novena).
Último sábado de xullo:
Misas: pola mañán: 7:00-7:45-8:30-9:15-10:00-10:45-11:30-12:00 h.
Ás 12:30 h. misa solemne e procesión. Pola tarde:17:00-18:00 e 21:00 h.
Último domingo de xullo:
Misas: pola mañán: 7:00-7:45-8:30-9:15-10:00-10:45-11:30-12:00 h. Ás 12:30 h. misa solemne e procesión. Pola tarde: 17:00-18:00-19:00-20:00 e 21:00 h.
O xoves posterior á Festa, ás 17:30 hai Funeral Solemne de sufraxio por todos os devotos de San Campio.
SERVICIOS DO SANTUARIO
Dirección espiritual; reencontro con Deus.
Servizos penitenciales e de confesións.
Área de reflexión; biblioteca espiritual.
Salóns de reunións con TV, vídeo,DVD, compacdisc, casette.
Auditorio espiritual ao aire libre para conferencias.
Área de esparcemento:
Comedor cuberto ao aire libre para 140 persoas.
Comedor pechado ao aire libre para 100 persoas.
Parque con mesas-comedor.
Área de acampada (2.500m2).
Fonte do Santo.
Fonte do peregrino.
Capela de ofrendas e de pesas.
Botafumeiros.
Obras de arte en pedra e madeira.
Libro de Peticións de favores e de Acción de Grazas.
Refuxio de peregrinos (con 55 camas en literas).
Cociña con servizos para 150 persoas.
Máis información na páxina web da Diócese de Tui-Vigo.
Santuario de San Campio de Lonxe.