viernes, 29 de febrero de 2008

Presentación da Asociación - Setembro 2005

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS, CONSUMIDORES E USUARIOS
“FONTE DOS CARREIROS” DE FIGUEIRÓ - TOMIÑO

FOTO PRESENTACIÓN 4 SETEMBRO 2005

XUNTA DIRECTIVA
Presidente.- D. Rubén Muñoz Alonso
Vicepresidente.- D. Victor M. Moure Daval
Secretario.- D. Juan Fco. Santos González
Tesoureiro.- D. J. Carlos Sobrino Portela
Vocal.- D. Jesús Cruz Rodríguez
Vocal.- D. Emilio Vicente Pacheco
Vocal.- D. Pablo Rodríguez Rodríguez
Vocal.- Dª. Sara Carrera Fernández
Vocal.- D. Armando Martínez Rodríguez
Vocal.- D. Emilio González Martínez
Vocal.- Dª. Silvia Moure Souto
Vocal.- D. José Manuel Riveiro López

ACTA FUNDACIONAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSUMIDORES E USUARIOS “FONTE DOS CARREIROS” DE FIGUEIRÓ

Na localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) o día 1 de ABRIL do ano 2005 ás 22 Horas, reúnense:

D. RUBÉN MUÑOZ ALONSO con DNI 34886172-W veciño de FIGUEIRÓ rúa LAGO nº 32A C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

D. VICTOR MANUEL MOURE DAVAL con DNI 35547019-J veciño de FIGUEIRÓ rúa LAGO nº 31 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

D. JUAN FRANCISCO SANTOS GONZÁLEZ con DNI 36029951-Z veciño de FIGUEIRÓ rúa LAGO nº 15 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

D. JUAN CARLOS SOBRINO PORTELA con DNI 76893423-F veciño de FIGUEIRÓ rúa LAGO nº 32 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

D. JESUS CRUZ RODRÍGUEZ con DNI 76554072-K veciño de FIGUEIRÓ rúa MOLINOS nº 10 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

D. EMILIO VICENTE PACHECO con DNI 35552555-Y veciño de FIGUEIRÓ rúa REGUEIRIÑA nº 7 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

D. PABLO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ con DNI 35563530-X veciño de FIGUEIRÓ rúa FUENTE nº 8 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

D. SARA CARRERA FERNÁNDEZ con DNI 76901694-K veciño de FIGUEIRÓ rúa TOMADA nº 3 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

D. ARMANDO MARTINEZ RODRIGUEZ con DNI 35518314-N veciño de FIGUEIRÓ rúa CENTINELA nº 10 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

D. EMILIO GONZÁLEZ MARTÍNEZ con DNI 35546194-Q veciño de FIGUEIRÓ rúa LIÑARES nº 1 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.


D. SILVIA MOURE SOUTO con DNI 35570558-T veciño de FIGUEIRÓ rúa FUENTE nº 5 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.


D. JOSE MANUEL RIVEIRO LOPEZ con DNI 76896056-H veciño de FIGUEIRÓ rúa LAGO nº 23 C.P. 36792, concello de TOMIÑO, provincia de PONTEVEDRA e con nacionalidade ESPAÑOLA.

Todos eles maiores de idade e con capacidade de obrar ACORDAN:

1.- Constituír unha asociación sen ánimo de lucro, ó abeiro da vixente Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, denominada asociación ASOCIACIÓN DE VECIÑOS, CONSUMIDORES E USUARIOS “FONTE DOS CARREIROS” DE FIGUEIRÓ que desenvolverá preferentemente as súas actividades no ámbito LOCAL e terá o seu domicilio en o CENTRO RECREATIVO E CULTURAL DE FIGUEIRÓ – PLAZA DE EVARISTO FERNÁNDEZ LORENZO S/N – FIGUEIRÓ – 36792 – TOMIÑO – PONTEVEDRA, os seus fíns principias son:

a) A defensa dos intereses comunais dos veciños, como tales e como consumidores e usuarios.

b) A promoción do desenrolo e progreso da parroquia de Figueiró.

c) A promoción da convivencia, a participación cidadán, a cultura, o deporte e o respeto ao medio ambiente e aos recursos naturais, como bases do desenrolo integral das persoas.

2.- Consensua-los estatutos polos que se vai rexe-la asociación lidos neste mesmo acto e aprobados pola unanimidade dos asistentes, que se incorporan como anexo a esta acta.

3.- Elixi-lo órgano provisional de goberno da asociación, composto polas persoas que se relacionan de seguido, as que se facultan para a tramitación da inscripción da asociación no rexistro correspondente de asociacións:

Presidente: D. RUBEN MUÑOZ ALONSO con DNI nº 34886172-W con domicilio en rúa LAGO nº 32A localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 667916360.

Vicepresidente: D. VICTOR MANUEL MOURE DAVAL con DNI nº 35547019-J con domicilio en rúa LAGO nº 31 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 986621013.

Secretario: D. JUAN FRANCISCO SANTOS GONZÁLEZ con DNI nº 36029951-Z con domicilio en rúa LAGO nº 15 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 986620149.

Tesoureiro: D. JUAN CARLOS SOBRINO PORTELA con DNI nº 76893423-F con domicilio en rúa LAGO nº 32 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 986620230.

Vocal 1º: D. JESUS CRUZ RODRÍGUEZ con DNI nº 76554072-K con domicilio en rua MOLINOS nº 10 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 986621179.

Vocal 2º: D. EMILIO VICENTE PACHECO con DNI nº 35552555-Y con domicilio en rúa REGUEIRIÑA nº 7 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 986621150.

Vocal 3º: D. PABLO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ con DNI nº 35563530-X con domicilio en rúa FUENTE nº 8 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 699865317.

Vocal 4º: D. SARA CARRERA FERNÁNDEZ con DNI nº 76901694-K con domicilio en rúa TOMADA nº 3 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 665780797.

Vocal 5º: D. ARMANDO MARTÍNEZ RODRÍGUEZ con DNI nº 35518314-N con domicilio en rúa CENTINELA nº 10 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 986621262.

Vocal 6º: D. EMILIO GONZÁLEZ MARTÍNEZ con DNI nº 35546194-Q con domicilio en rúa LIÑARES nº 1 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 986620351.

Vocal 7º: D. SILVIA MOURE SOUTO con DNI nº 35570558-T con domicilio en rúa FUENTE nº 5 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 629013802.

Vocal 8º: JOSÉ MANUEL RIVEIRO LÓPEZ con DNI nº 76896056-H con domicilio en rúa LAGO nº 23 localidade de FIGUEIRÓ (TOMIÑO) con teléfono 699412076.

E sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, cando son as 23,30 horas do día 1 de ABRIL de 2005.

Sinatura de tódolos promotores ou fundadores.

ESTATUTOS XERAIS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSUMIDORES E USUARIOS “FONTE DOS CARREIROS” DE FIGUEIRÓ

CAPÍTULO PRIMEIRO

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º. -

Constitúese na parroquia de Figueiró, concello de Tomiño (Pontevedra), unha Asociación sen ánimo de lucro que se denominará:

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS, CONSUMIDORES E USUARIOS
“ FONTE DOS CARREIROS ” DE FIGUEIRÓ - TOMIÑO

A Asociación rexerase polos presentes ESTATUTOS, pola ley orgánica 1/2002 do 22 de Marzo de 2002, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais legislación vixente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º. -

Son fins principais da Asociación:

a) A defensa dos intereses comunais dos veciños, como tales e como consumidores e usuarios.

b) A promoción do desenrolo e progreso da parroquia de Figueiró.

c) A promoción da convivencia, a participación cidadán, a cultura, o deporte e o respeto ao medio ambiente e aos recursos naturais, como bases do desenrolo integral das persoas.

Utilizando para todo elo os canles establecidos pola legislación vixente.

Artigo 3º.-

Para levar a cabo os devanditos fins, poderá a Asociación organizar todas aquelas actividades permitidas pola legislación vixente, e dunha maneira paticular:

a) Estudios e proxectos para mellora das condicións de vida.

b) Tramitación e xestión de subvencións para a realización dos mesmos.

c) Tramitación e xestión de informes, solicitudes e reclamacións perante as Administracións Públicas

d) Organización de actividades formativas, culturais, deportivas e recreativas.

Como Asociación sen ánimo de lucro destinaranse o cento por cento das rendas netas e outros ingresos que se obteñan por calquera concepto, exceptuándose as contribucións efectuadas en concepto de dotación patrimonial.

As actividades da Asociación serán dirixidas ao conxunto de veciños e residentes da parroquia de Figueiró, non sendo os asociados e familiares os destinatarios exclusivos das mesmas.

Artigo 4º.-

O domicilio permanente e principal da Asociación radicará no siguinte enderezo:

Centro Recreativo e Cultural de Figueiró
Plaza de Evaristo Fernández Lorenzo S/N – Figueiró – 36792 -Tomiño – Pontevedra

Teléfono de contacto: 667916360 - 618760190

Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais mediante acordo da Asamblea Xeral.

Artigo 5º.-

A Asociación, en función dos seus fins e da localización do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades na parroquia de Figueiró, extensibles a todo o Concello de Tomiño.

Artigo 6º-

1) A duración desta Asociación é de carácter indefinido e só se disolverá conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asamblea Extraordinaria ou polas causas previstas na legislación vixente.

2) A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contados no marco da Constitución, o resto do ordenamento xurídico e polo indicado nestes Estatutos.


CAPÍTULO SEGUNDO

DOS SOCIOS

Artigo 7º.-

Poderán ser integrantes da Asociación tódalas aquelas persoas fisicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tra-lo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser mayor de idade.
b) Veciño, residente ou propietario na parroquia de Figueiró.

a) Ou ter vínculos coa parroquia de Figueiró e vir avalado ó menos por dous asociados e tra-lo acordo da Asamblea Xeral.
b) Formalizar a pertinente solicitude de ingreso.

Artigo 8º.-

Dentro da Asociación poderán existir-las seguintes clases de asociados:

a) Fundadores: aquelas persoas que subcribiron a Acta Fundacional.

b) Numerarios: aquelas persoas que ingresaron con posterioridade a subscripción da Acta Fundacional.

c) Familiares: os familiares mayores de 18 anos dos asociados fundadores ou numerarios, que vivan na mesma casa e non teñan independencia económica.

d) De Honra: aquelas persoas físicas ou xuridicas que, a xuizo da Asamblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da Asociación.

e) Colaboradores: aquelas entidades ou persoas xurídicas que contribúan o desenvolvemento das actividades da Asociación.

Artigo 9º.-

Os asociadas ou asociados teñen os seguintes dereitos:

1) Tomar parte nas asambleas con voz e voto.

2) Poder elixir e ser elixidos para os cargos directivos.

3) Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.

4) Disfrutar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter.

5) Ter copia destes Estatutos.

6) Ser informados da composición da Xunta Directiva.

7) Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.

8) Facer suxestións ós membros da Xunta Directiva en orden a melloralo cumprimento dos fins da Asociación.

9) Que se lles poñan de manifesto do estado das contas, ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolmento da súa actividade.

Artigo 10º.-

Son obrigas dos asociados/as:

1) Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asambleas Xerais.

2) Desempeña-los cargos para os que foran elixidos.

3) Asistir as Asambleas Xerais.

4) Satisface-las cuotas que se establezan.

5) Observar unha boa conducta individual e cívica no ámbito das actividades da Asociación.

6) Cumpri-los acordos das Asambleas Xerais, o contido dos Estatutos e Regulamento de Réxime Interno.

Artigo 11º.-

Os asociados/as honorarios, colaboradores e infantís non intervirán na dirección da Asociación, nin nos órganos de representación da mesma. Estarán facultados para asistir ás Asambleas Xerais con voz pero sen voto.

Artigo 12º.-

Os acordos de admisión de asociados/as tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actúen a través de representante, a solicitude deberá ser autorizada polo representante, pai,nai ou titor legal do solicitante e se acompañará dunha acreditación da identidade do solicitante. Os acordos de admisión deberán ser ratificados en Asamblea Xeral.

Artigo 13º.-

A condición de asociado/a perderase:

1) A vontade propia.

2) Por falta de pago nas cuotas, según o acordado no réxime interno.

3) Por realización de accións que perjudiquen gravemente ós intereses da Asociación previo expediente disciplinario segundo o Regulamento de Réxime Interno.

Artigo 14º.-

A expulsión de asociados será acordada pola Xunta Directiva previa audiencia do interesado. Os acordos de expulsión deberán ser ratificados pola Asamblea Xeral Extraordinaria e contra súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria. Cando a baixa se produza por vontade propia, o asociado deberá realizar unha petición por escrito e procederá ó aboamento previo de tódalas cuotas que teña pendentes.

Artigo 15º.-

A Xunta Directiva poderá acordar a separación temporal dun asociado/a a petición propia por escrito do interesado ou cando se esté tramitando un expediente sancionador conforme ó Regulamento de Réxime Interno, pero en todo caso a resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.


CAPITULO TERCEIRO

DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

Artigo 16º.-

A Dirección e Administración da Asociación serán ejercidas por:

1) A Asamblea Xeral (Máximo órgano do Goberno).

2) A Xunta Directiva.

Artigo 17º.-

O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva, presidindo as sesións que celebren unha e outra.

O presidente será designado pola Asamblea Xeral entre os asociados que teñan polo menos 1 ano de antigüidade e o seu mandato será de 4 anos.

Artigo 18º.-

A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e un mínimo de tres vocais, cargos que deberán recaer en asociados que leven polo menos un ano na Asociación.

Artigo 19.-

Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados os gastos debidamente justificados, e deberán carecer de interese económico nos resultados das actividades da Asociación por si mesmo ou por persoa interposta.

Serán elixidos pola Asamblea Xeral por un periodo de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

O persoal de secretaría ou de xestoría, se o houbese, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución.

Artigo 20º.-

E función da Xunta Directiva programar e dirixi-las actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación.

Someter a aprobación da Asamblea Xeral:

1) O orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

2) O plan de actividades e a memoria de actividades do ano anterior.

3) A proposta de cuotas ordinarias e extraordinarias.
4) Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asamblea Xeral, designa-las Comisións de Traballo ou Seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, dictar as normas internas de organización e ejercer cantas funcións non estean expresamente asignadas a Asamblea Xeral e tamén aquelas que lle sexan transferidas pola devandita Asamblea.

Artigo 21º.-

A Xunta Directiva celebrará as súas reunións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente a iniciativa propia, ou a petición de alomenos 1/3 dos seus componentes.

A reunión será presidida polo Presidente, e na súa ausencia, polo Vicepresidente ou Secretario, por esta orde, e se faltasen ambos, polo membro da Xunta de mais idade.

Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola mayoría simple dos votos dos asistentes, sendo necesaria a concurrencia mínima de seis dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do Presidente. O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das reunións, que se transcribirá no libro de actas.

Artigo 22º.-

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións de traballo ou as seccións que a propia Xunta acorde constituir de cara a acadar os fins da Asociación.

Formarán parta, ademais, das ditas comisións ou seccións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdobren en subcomisións ou subseccións.

Artigo 23º.-

A Asamblea Xeral de asociados/as é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará constituida por tódolos integrantes da mesma.

O Presidente e o Secretario da Asamblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.

Artigo 24º.-

A Asamblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten ó menos o 10% dos asociados. Neste caso realizarase por medio de escrito dirixido o Presidente, coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 25º.-

A Asamblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente dentro dos seis primeiros meses de cada ano. Tanto as Asambleas Ordinarias como as Extraordinarias serán convocadas con un mínimo de 15 días de antelación polo Presidente da Asociación.

A notificación farase nos locais da Asociación para as Asambleas Ordinarias e no domicilio dos asociados para as Extraordinarias.

Artigo 26º.-

Serán competencias da Asamblea Xeral Ordinaria:

1) Aproba-la acta da reunión anterior.

2) Aproba-lo plan de actividades.

3) Examinar e aproba-la memoria de actividades.

4) Examinar e aproba-las contas e balances do ejercicio anterior.

5) Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.

6) Examinar e aproba-las propostas de cuotas.

Artigo 27º.-

Serán competencias da Asamblea Xeral Extraordinaria:

1) Aprobar ou modifica-los Estatutos da Asociación.

2) Elixi-los integrantes da Xunta Directiva ou recusala previa solicitude por escrito de ao menos o 10% dos asociados.

3) Ratifica-los novos ingresos de asociados/as.

4) Aproba-lo Regulamento de Réxime Interno da Asociación.

5) Ratifica-los expedientes sancionadores a proposta da Xunta Directiva.

6) Aproba-la federación con outras Asociacións.

7) Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca dos bens sociais.

8) Acorda-la disolución da Asociación e nomear os liquidadores.

9) Solicita-la declaración de utilidade pública da Asociación.

10) Os que sendo competencia da Asamblea Ordinaria por razóns de urgencia ou necesidade, non podan espera-la súa convocatoria, sen grave prexuizo para a Asociación.

1) Todas aquelas non conferidas expresamente á Asamblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.

Artigo 28º.-

Para que as asamblas poidan tomar acordos válidos é necesaria a presencia da metade mais un do total dos asociados en primeira convocatoria, ou transcurrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes.

Artigo 29º.-

Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da mayoría simple dos asociados asistentes ou representados excepto o relativo os apartados 1,2,5,6,7 e 8 do artigo 27 que requerirán mayoría de dous tercios. Os acordos das Asambleas levaranse ó libro de Actas e asinará o Presidente e o Secretario. A Acta da Asamblea deberá ser lida na seguinte Asamblea Xeral e aprobada por mayoría simple.

Artigo 30º.-

Os acordos dados adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos asociados, incluso os non asistentes. As sesións se abrirán cando así o determine o Presidente. Seguidamente o Secretario dará lectura da acta da anterior Asamblea que deberá ser sometida a votación para a súa aprobación.

Posteriormente o Secretario procederá a establece-la orde do día, cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose á aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia da que se trate.

Unha vez rematados tódolos asuntos do orde do día procederase, se a presidencia o considera oportuno ou o solicitan un 10% dos asociados inscritos no libro de asociados, a facer unha quenda de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluída a mesma levantarase a sesión por parte do Presidente.

Artigo 31º.-

Os acordos que vaian contra estes Estatutos oun infrinxan os fins da Asociación ou non respecten a lexislación vixente de rango superior, poderán ser recorridos perante a Asamblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 32º.-

O Presidente da Xunta Directiva terá ademais das facultades consignadas no artigo 17º, as seguintes atribucións:

1) Presidir, abrir e levanta-las sesións que celebren a Xunta Directiva, e Asamblea Xeral, dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo co seu voto de calidade en caso de empate.

2) Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Xunta Directiva impulsando e dirixindo as súas tarefas.

3) Ordena-los pagamentos acordados validamente.

1) Representa-la Asociación perante calquera organismo público ou privado.

2) Firma-las actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda segundo do documento que se trate.

O Presidente será asistido nas súas funcións polo Vicepresidente, quen ademais, subtituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 33º.-

O Secretario tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade.

Correspóndelle asi mesmo notifica-las convocatorias, redactar e custodia-las actas e expedir as certificacións necesarias co visto e prace do Presidente.

Correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da Asociación nun libro establecido ó efecto.

Artigo 34º.-

O Tesoureiro xestionará tódalas operacións de carácter económico. Recadará e custodiará os fondos pertenecentes a Asociación, dará cumprimento as ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e gastos asociativos.

O Tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario anterior antes do 15 de Xaneiro de cada ano, co fin de que as contas podan estar a disposición dos membros da Asociación nos quince días antes da celebración da Asamblea Xeral.

Artigo 35º.-

Os Vocais no número que determine a Asamblea Xeral terán as seguintes atribucións:

1) Presidir ou participar na Comisión de traballo ou Sección para a que foi nomeado.

2) Realizar propostas ou programas na súa area de actuación.

3) Desempeña-los traballos que lle sexan encomendaddos pola Xunta Directiva ou Asamblea Xeral.


CAPÍTULO CUARTO

RÉXIME ECONOMICO

Artigo 36º.-

A Asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de MIL euros (1.000 €).

O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 37.-

A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo Tesoreiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de Xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asamblea Xeral Ordinaria.



Artigo 38º.-

A Asociación manterase dos seguintes recursos:

1) As cuotas ordinarias (Periódicas) dos asociados.

2) As cuotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asamblea.

3) As doazóns ou subvencións que poidan conceder organismos públicos, entidades privadas ou particulares.

4) Os ingresos que se poidan percibir polo desenvolvemento das actividades da Asociación.

5) Calqueira outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 39º.-

As cuotas ordinarias acórdaranse pola Asamblea Xeral a proposta da Xunta Directiva, non sendo reintegrables en caso algún e adicandose na sua totalidade a atende-las necesidades da Asociación.

Artigo 40º.-

Anualmente, coincidindo co último día do ejercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizaran nunca memoria, que será posta a disposición dos asociados, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asamblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.

Artigo 41º.-

Anualmente no prazo que establece o artigo 25º deberá ser aprobado o orzamento anual da Asociación pola Asamblea Xeral.

Artigo 42º.-

Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos será necesaria a firma da ao menos dous membros da Xunta Directiva.

Artigo 43º.-

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os asociados os recursos obtidos pola Asociación.


CAPÍTULO QUINTO

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO



Artigo 44º.-

O Regulamento de Réxime Interno, que deberá ser aprobado pola Asamblea Xeral, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos. Non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos e estará suxeito ao Ordenamento Xuridico Civil.


CAPÍTULO SEXTO

MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 45º.-

Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos asociados. A convocatoria da Asamblea Xeral Extraordinaria para este fin estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para calquera asociado poida derixir a Secretaría as propostas ou emendas que considere oportuno. Estas complementarán a documentación da devandita Asamblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 dás á realización da mesma.

Artigo 46º.-

Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asamblea Xeral.

Artigo 47º.-

A Asociación disolverase polas seguintes causas:

1) Pola vontade dos asociados acordada pola 2/3 partes dos mesmos.

2) Por outras causas determinadas legalmente ou por sentencia xudicial.

Artigo 48º.-

Acordada a disolución, a Asamblea Xeral Extraordinaria nomeará 3 asociados liquidadores, que xunto o Presidente e o Tesoureiro procederán a liquidación de bens e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 49º.-

O haber resultante doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na comunidade Autónoma que teña os mesmos ou parecidos fíns ós desta Asociación.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.

O PRESIDENTE .- Rubén Muñoz Alonso

O SECRETARIO .- Juan Francisco Santos González