ANTONIO SOUTO MARTÍNEZ " TONICO "
Personaxe polifacético de S. Campio de Lonxe, home de Figueiró, foi músico, praticante e conselleiro da medeciña rural, mayordomo de festas e profesional en zapatería en xeral, listo, inxenioso, con unha capacidade de inventar mentiras, de pequenas mentiras facer verdadeiras historias, mover xentes de un pobo a outro con unha capacidade de convencemento e creatividade impresionante.
A zapatería do “Tonico” foi en Figueiró lugar de tertulia, alá polos anos da segunda guerra mundial, despóis da nosa desgraciada campaña de guerra entre irmáns, este país quedou barrido de homes e mulleres, uns mortos a tiros outros de fame e os mais que tiveron certa sorte foron os que emigraron ou se exiliaron.
A zapatería era lugar de reunión, en aquel tempo non se facían zapatos novos, non había material, só se botaban “tombas” nas zamancas de solo de pau, os zapatos arreglábanse uns com o material de outros hasta que duraban sabe Dios canto tempo, as sandálias eran confecionadas pólo “Tonico” coas gomas dos coches xa moi usadas, ó metelas nos pés parecían barcos, diseñadas e cortadas pólo “Tonico” había diferentes modelos como si se tratara de unha moda de París, era o que había moitos anos logo de pasar a guerra, e ditoso o que tivera a sorte de lucir aqueles “modelos”.
O “Tonico” era un verdadeiro personaxe, sempre vestía un mandilón de coiro, unha badana moi vella e chea de “tombas” moi flexible; o camiño da zapatería á casa do Chaver que está en frente, foi recorrido pólo “Tonico” un promedio, algúns días, de mais de vinte veces, ai que aclarar que a casa do Chaver era tenda e taberna, cando o “Tonico” estaba em plena faena sempre chegaba alguén a invitalo a refrescar a gorxa, o “Tónico” endexamáis reusou unha invitación, o que fose, viño, aguardente, Sansón ou Sol e Sombra e conac Tres Cepas non moitas veces porque era moi caro, él recollía unha punta do mandilón de coiro á cintura e non ocupaba de sacalo, decía que non valía a pena, pois as veces cando viña de volta estaba outro paisano a esperar por él para invitalo, e así eran tódolos días do ano, tiña tamén as horas de poñer as inyeccións, tanto para xente como para algún animal que se enfermase, a caixa en onde fervía as xiringas e as agullas para uso humán habíalla regalado o meu pai, tíñalle moito cariño ó Paquiño porque habialle salvado un fillo chamado Pío cando era moi pequeno.
Voltando atrás a falar da personalidade de éste home, éra un verdadeiro xénio e un simpático demo de mentiras sin perigo de cegar a ofensa, a él tamén de vez en cando lle espetaban algunha, moi poucas…. Pero as veces tragaba.
Había aquí uns cantos homes de Figueiró que viñeran do Brasil, e frecuentaban a zapatería do “Tonico”, tamén se xuntaban homes do mesmo pobo, e uns cantos que no inverno viñan de Castilla, e algún que outro emigrante mais.
O “Tonico” cando miraba entrar algunha muller de Tomiño, de Estás ou de Goián, escomenzaba a armar a mentira. O asunto consistía en que él dicía a primeira palabra e miraba de reollo os asisentes buscando apoio, decía él: ¡Parece mentira o que lle pasou a fulano ou a ciclano¡…¡Que desgracia¡…e entón os outros contertulios apoiábanlle repetindo, pois si, ¡Foi unha verdadeira desgracia¡…E a incauta da muller que acababa de chegar, e con ánimo de saber do que se trataba, faguía a pregunta ao “Tonico” convertíase de boca en boca, cada vez nunha verdade mais grande.
Un bo día chega a zapatería do “Tonico” un bo amigo da nosa familia, era Antonio o Cantor, (eu fun un bo amigo de él que en paz descanse, en “Buenos Aires”) este bo paisano tan pronto que lle entrou a porta da zapatería xa lle espetou, ¡Coitada Isaura¡, que gran perda tivo¡…entón o finado de Antonio preguntoulle, ¿Cal foi a perda que tuvo a Isaura¡, antón dille o “Tonico” ¿E ti non o sabes?. Reventáronlle as pipas do viño e o tinto como si fora o regueiro dos Medos correulle polo outeiro pra abaixo e chegoulle ata o Regueiriño. ¡Coitada muller que perda tivo¡…
Os oito días a Isaura do Outeiro foi ó mercado do Seixo a Tomiño, e o bó do Antonio pregúntalle pola perda da reventada das pipas, e foi cando se descubriu a mentira do “Tonico”.
Outra vez o “Tonico” envolve nunha caixa de zapatos ben feito un carallete do porco, e mandoullo por un rapaz a casa de Argimiro Dava,l un home de respeito chegado do Brasil, cando o Señor Argimiro abríu a caixa e se encontra có carallete, xa se deu conta de que era cousa do “Tonico”. A represalia foi que un día cando o “Tonico” chega de mañán para abrir a zapatería, encontrouse un gran letreiro anunciando “ANTONIO SOUTO E FILLO, ESPECIALISTAS EN POZOS”....un mes sin darse palabra, pero logo volvían ás andadas.
.
Porcos que se roubaban de noite, bois que caían nun pozo e estaban vendendo carne barata noutra parroquia, alí ía a probe da xente enganada, accidentes de tráfico inesistentes, mentiras e mais mentiras ven armadas. Unha última faena que lle fixeron ó “Tonico” foi feita por Rogelio Souto antes de morrer, regaloulle ó “Tonico” pés de viña, o “Tonico” plantoú a viña con toda boa fé, e resultou ser toda a viña brava. ¡¡Esta si que lle estuvo ben feita¡¡.
AUTOR.-
Mario Rodríguez Gómez
AUTOR.-
Mario Rodríguez Gómez