A vida é filosofía. Os feitos ou sucesos configuran a historia. E ao home correspondelle a reflexión. E neste devir dos acontecementos preguntamos o por qué do Cruceiro na Praza do Telleiro. E a resposta flúe a borbotóns como o auga dunha fonte: Figueiró é un lugar de fe. Como reza na fachada do templo: “esta é a casa de Deus vivo e a porta do ceu”. Un Santuario non é un suceso ó azar; é consecuencia dun silogismo puro: San Campio é unha milagre que sobrepasa os umbrais da vida ordinaria dos homes.
A fe dos nosos antepasados grita hoxe dende o silencio do noso maxestuoso Cruceiro. Entre os anos 1871 e 1874 lévase a cabo a obra de reforma e ampliación do templo parroquial, e no ano 1875, como se dun broche de ouro se tratara constrúise o noso Cruceiro, como se fose un mandato que a mesma vida impoñía, e é que a fe cando é viva non pode encerrarse, e se isto pretendérase facer, estouparía como un volcán.
O Cruceiro da Praza do Telleiro é unha fermosa peza arquitectónica de orde composta. Prescindindo da fachada do templo parroquial é a xoia máis preciada do entorno histórico artístico parroquial.
A cimentación está composta por pedra de pizarra e cal. Sobre a cimentación ten un enlosado, no seu perímetro, de sillería de 42 cm. de ancho e 12,25 cm. de groso. O enlosado sirve de apoio a base do cruceiro, que ten 90 cm. de alto, gardando a mesma forma circular, e formando unha escocia de arriba abaixo, dividida en tres fileiras de sillería.
Sobre a base ten catro escalóns, formando cada un, un polígono regular de oito lados tamén de sillería con as súas cornisas. Sobre os escalóns apoia un pedestal de 1,60 m. de alto, gardando a mesma forma de polígono que os banzos. Cada un dos lados ten 44 cm. de ancho. E nos oito lados leva oito emblemas da Pasión en relieve; un por lado.
O pedestal sostén o asta circular e o capitel con unha altura de 4,20 m., incluida a base e a cornixa, adornada de florituras, propias da orde corintia. O capitel destaca coas follas de acanto. Sobre o capitel arranca unha peza con a súa escocia que sirve de base á Cruz, labrada figurando madeira rústica.
A Cruz leva dun lado a imaxen do Cruficado, toda ela dunha soa peza. A súa altura é de 63 cm. Doutro lado da Cruz aparece a Virxe sobre un globo e cun pé aplastando a serpe. Ten unha espada clavada no corazón. Mide esta imaxen 63 cm.
O Cruceiro ata o capitel é de pedra de granito das canteiras de Portugal. E o capitel de arriba, foi labrado en pedra de gran do pobo lusitano de Afife.
Foi o artista desta obra D. José-Antonio Ramallosa, da Freguesía de Gondarém (Portugal). Importou a súa realización 6.500 reais. Foron tódolos materiais por conta do Mestre, menos a cal para a cimentación, as madeiras dos andamios e as varas dos tiros.
Firmouse o contrato de obra do Cruceiro o día 11 de abril do 1875, tendo como prazo para a súa realización ata o día 15 de xullo do mesmo ano. Estiveron presentes e asinaron o documento: D. Serafín Vicente Alonso, Cura Párroco; D. José-Antonio Ramallosa, mestre canteiro; e os consiliarios e testigos: D. Miguel Fernández, D. Manuel Souto, D. Juan-Benito Álvarez e Benito Souto. Ésta obra non foi rematada no prazo previsto no contrato, xa que ata o día 6 de xullo de 1877 o Mestre canteiro non fai entrega do Monumento ó Cura-Párroco D. Serafín Vicente Alonso, e Consiliarios, D.Benito Moure e D. Manuel Fernández, que efectúan o derradeiro pago do mesmo e asinan todos a unha o testimonial de conformidade.
O 21 de abril do 1906 colocoúse un enreixado de ferro con lanzas que rodea o Cruceiro, para que estivese máis preservado. Realizou esta obra o ferreiro D. Juan Pantaleón, de A Guarda (Pontevedra). Ascendeu o seu custo á suma de 1.576 reais, que foron pagados con fondos de San Campio, cuya autorización había sido obtida do Sr. Obispo o día 17 do mesmo mes e ano.
A imaxen da Santísima Virxe no Cruceiro caiu e desfíxose no ano 1910, e foi colocada outra nova o 13 de xuño de 1911. Realizou esta nova obra o Mestre D. Manuel González. Seu custo foi de 700 reais. Pagouse o seu importe tamén con fondos da devoción de San Campio, obténdose o correspondente permiso diocesano o día 6 do mes e ano citados.
AUTOR.-
José Luis Portela Trigo