lunes, 7 de abril de 2008

Información da Xunta Directiva

CREACIÓN DA VOCALÍA DA MULLER NA
A.V.V. “ FONTE DOS CARREIROS ” – FIGUEIRÓ

O pasado domingo dia 6 de Abril tivo lugar a 1ª Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2008 da Asociación de Veciños “Fonte dos Carreiros” de Figueiró. Nela, despóis de tratar os temas clásicos como orzamentos, memoria de xestión e actividades, etc.. A Xunta Directiva someteu a aprobación da Asemblea, a creación da VOCALÍA DA MULLER na A.V.V. “Fonte dos Carreiros”, unha aposta decidida pola igualdade, que axudará a xestionar solicitudes de proxectos que fomenten a participación das mulleres; esta iniciativa foi aprobada e as delegadas nomeadas (Dª Sara Carrera Fernández e Dª Silvia Moure Souto), có respaldo total da Asamblea. Polo tanto, partir do (6-4-2008), Figueiró conta cun instrumento máis ó servicio das inquietudes dos veciños, neste caso as grandes beneficiadas serán as “veciñas”.
Tamén informouse das xestións feitas para conquerir melloras para a parroquia. E no apartado socio-cultural, comunicouse que estase a traballar: no 3º Concurso de Redacción e Debuxo para nenos no Día das Letras Galegas, na 2ª Edición da Exposición Fotográfica “Esencias de Figueiró en Imaxes” e na actividade estrela da Asociación a 3ª Semana Cultural de San Campio que, como nas anteriores, fará un amplo e variado percorrido pólos diferentes xéneros musicais para o disfrute de tódolos públicos; e para a que espera, como sempre, a colaboración das distintas entidades públicas, privadas e como non, dos veciños de Figueiró, a todas e a todos agradeceu de antemán esta axuda, sin a cal a Semana Cultural non sería posible.