Este domingo 12 de abril vaise celebrar en Figueiró (Tomiño) a "7ª FESTA DA ORELLA". A partir das 10 da mañá, e durante todo o día, servirase orella á feira e con vinagreta, receita que tivo enorme aceptación na pasada edición, así como chourizos fritos e a prancha. A ración inclúe prato conmemorativo e os prezos serán populares. Tamén contamos con bos viños da comarca.
Como en anos anteriores a festa será na Praza do Telleiro, acondicionada para ocasión cunha magnífica carpa, ademáis de mesas, bancos, etc. onde degustar comodamente este saboroso prato da nosa gastronomía. A carpa estará xa aberta dende o sábado a tardiña e funcinará como cantina ata a medianoite.
A FESTA DA ORELLA está organizada pola Comisión de festas de S.Campio 2009 e colabora, ademáis de casas comercias e particulares; a Concellalía de Cultura, Educación e Participación veciñal do Concello de Tomiño, que nós prestou toda a súa colaboración e a que lle estamos gratamente agradecidas.