viernes, 18 de enero de 2013

Ruta de senderismo dende Figueiró ata o conxunto xeolóxico da "Pedra Furada". FIGUEIRÓ, DISFRUTAO!


Mapa da ruta de senderismo. Hai duas formas de chegar ó lugar do comenzo da ruta  de cor roxo (principal) dende  Figueiró, unha de cor amarelo (barrio da Fonte) e a outra de cor azul (barrio dos Muiños)

Conxunto xeolóxico de Figueiró
 (Fonte www.galiciasuroeste.info)
Figueiró conta cun espacio de interese xeológico posto en valor o pasado mes de febreiro. Posúe formacións rochosas curiosas, froito da erosión, que ademais, lle dan ao lugar un aspecto abaluartado, polo norte. Atópase este complexo xeolóxico en terreos da Comunidade de Montes de Figueiró, quen facilitou e colaborou nesta actuación que constitúe un recurso máis, xunto co Santuario de San Campio, para achegarse a esta parroquia de Tomiño.
Desde este conxunto, onde domina o pracer e o encanto dos montes galegos, pódese observar unha vista espléndida ao río Miño.