martes, 9 de junio de 2009

Os "Sons do Románico" en Figueiró - Actuacións de Corais Polifónicas no Santuario de San campio


A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño, que preside o tenente de alcalde, Jesús Castiñeira, vén de presentar a súa programación cultural para este mes de xuño, na que o prato forte residirá nas actuacións das corais polifónicas, no marco do Santuario de San Campio de Lonxe, en Figueiró.

Deste xeito, todos os domingos de xuño, a partir das cinco e media da tarde, tras rematar a misa do peregrino, terán lugar, na Igrexa do Santuario de San Campio, actuacións:

-O día 7 abrirá a quenda a propia «Coral Polifónica de Tomiño».
-O día 14 actuará o coro «O Noso Lar», de Vilagarcía.
-O día 21 tocaralle a vez á «Camerata Ad Libitum».
-E o día 28 pechará o ciclo o «Coro Clásico de Vigo».

Colaboran a Administración do Santuario de San Campio de Lonxe, na figura de seu párroco, D. José Luis Portela Trigo, a Federación de Veciños Terra Miño, a Coral Polifónica de Tomiño, d Asociación de Veciños Fonte dos Carreiros de Figueiró, a Asociación de Veciños de Amorín, a Escola Municipal de Teatro e o programa Espazos Sonoros da Xunta de Galicia.