Pancarta anunciadora da IV Semana Cultural de "San Campio" na entrada de Figueiró sempre vixiada pola Fonte dos Carreiros "imaxen corporativa" da Asociación.
A parroquia de Figueiró será, un ano máis, un centro de referencia socio-cultural no Baixo Miño entre os días 16 e 26 de xullo .
Un amplo abano de actividades culturais, festeiras e relixiosas transformarán a praza do “telleiro” e o recinto do “santuario de san campio” nun lugar perfecto para que nenos, xóvenes e maiores participen de forma entusiasta nunha programación pensada para o disfrute e ledicia de todos.
Estas actividades comenzarán o xoves 16 có 1º día da novena a “San Campio” e coa lectura do pregón da semana cultural de “San Campio” a cargo do director C.E.I.P. Antonio Fernández de Goian “D. Antonio Fernández Bahamonde” e rematarán na noite do domingo día 26 coa actuación do grupo “Nievla”.
Están organizadas pola A.V.V. “Fonte dos Carreiros” (capítulo cultural), a Comisión de Festas “San Campio 2009” (capítulo festeiro) e o reverendo D. José Luis Portela Trigo (capítulo relixioso).
Programa da IV Semana Cultural de San Campio
Folla 1
Folla 2
Folla 3
Folla 4
Cartel da Romaría de San Campio