martes, 11 de febrero de 2014
viernes, 3 de mayo de 2013
miércoles, 10 de abril de 2013
lunes, 1 de abril de 2013
COMO PASA O TEMPO
GRACIAS FIGUEIRÓ.
ASOCIACIÓN FONTE DOS CARREIROS
1 DE ABRIL 2005---- 1 DE ABRIL 2013
viernes, 18 de enero de 2013
Ruta de senderismo dende Figueiró ata o conxunto xeolóxico da "Pedra Furada". FIGUEIRÓ, DISFRUTAO!










viernes, 30 de noviembre de 2012
lunes, 16 de julio de 2012
jueves, 7 de junio de 2012
miércoles, 16 de mayo de 2012
viernes, 23 de diciembre de 2011
A ASOC DE VECIÑOS FONTE DOS CARREIROS DESÉXAVOS A TODOS BO NADAL!
miércoles, 16 de noviembre de 2011
A ASOC DE VECIÑOS FONTE DOS CARREIROS MOSTRA A SUA SATISFACCIÓN POLA RENOVADA LIÑA ELÉCTRICA FEITA NO BARRIO DE MUÍÑOS DE FIGUEIRÓ.
Despois de sufrir moitos meses de baixadas e subidas de tensión eléctrica, orixinando pérdidas de electrodomésticos, alimentos ,etc ,etc. os veciños do barrio Muiños
poderán disfrutar dos seus utensilios eléctricos sen ter que apagar un para prender outro. Este é o froito unha vez máis do traballo desinteresado pero eficaz desta Asociación de veciños de Figueiró. Despois de varios escritos presentados na empresa que sumistra a electricidade dende o mes de marzo,un técnico da empresa reuniuse con membros desta asociación e posteriormente con veciños afectados.A empresa decidiu entón colocar un medidor de potencia, que pasado o tempo corroborou como certas as sucesivas demandas dos veciños.NORABOA! para estes veciños que viron resolto o seu problema.
Por outra banda e segindo coa nosa liña de traballo e aproveitando a visista do Sr. Conselleiro Don Agustín Hernández ao Baixo Miño, reclamamos a súa atención sobre
as obras da rotonda de Figueiró, demandada xa por esta Asociación dende xuño de 2006. En abril deste ano 2011 se nos comunicou de palabra
que a partida orzamentaria esta reservada para dito fin,pero estamos a piques de rematar o ano e seguimos igual. Sería unha boa noticia para os veciños de Figueiró e os usuarios da carretera PO-552, que no vindeiro ano 2012 sexa unha REALIDADE esta obra tan necesaria para a parroquia. De todos é sabido que neste cruce houbo máis dun accidente polo que a nosa demanda está totalmente xustificada
jueves, 27 de octubre de 2011
COMEZOU O OUTONO CULTURAL.
miércoles, 17 de agosto de 2011
martes, 26 de julio de 2011
miércoles, 20 de julio de 2011
jueves, 14 de julio de 2011
lunes, 13 de junio de 2011
martes, 24 de mayo de 2011
A ASOC. DE VECIÑOS FONTE DOS CARREIROS APOIA A DEMANDA DA REFORMA DO COLEXIO DE GOIÁN,SOLICITADAS POLAS ANPAS

A ANPA do colexio público de infantil e primaria Pintor Antonio Fernández de Goián decidiu, en asemblea, convocar a tódolos pais e nais de alumnos diante do colexio o pasado martes e venres facendo unha sentada-protesta para reclamar as melloras e ampliación que solicitan para o colexio.
Estas sentadas de 10 minutos(de 9:00 a 9:10h diante do colexio) vanse facer tódolos martes e venres ata que rematen as clases o vindeiro mes de xuño, xa que presentadas as demandas na delegación territorial de educación,o xefe territorial an considera que o colexio non necesita nada.
A ANPA co respaldo dos pais e nais, está disposta a loitar por unhas melloras que consideran xustas e necesarias. Unha das medidas máis necesarias é conseguir que se fagan máis aulas no colexio para que os nenos non teñan que saír do recinto escolar para recibir clases nun edificio construído hai máis de 60 anos, tendo que ir varias veces ao día faga sol, vento ou chova.Tamén se reclama un ximnasio no recinto escolar porque os alumnos deben desprazarse máis de 250 metros para acceder a un municipal que non sempre está dispoñible e sempre suxeitos á climatoloxía, que como se sabe en Galicia é estupenda nos meses de outono e inverno.
O colectivo está disposto a continuar coas súas protestas e presións ata conseguir as melloras que demandan.
martes, 10 de mayo de 2011
LETRAS GALEGAS EN FIGUEIRÓ 2011
domingo, 10 de abril de 2011
FESTA DA ORELLA , 17 DE ABRIL, FIGUEIRÓ
A Comisión de Festas de San Campio de Lonxe de Figueiró organiza o vindeiro domingo 17 de abril a IX Festa da Orella.A partir das 10 da mañá e durante todo o día, as mulleres que forman un ano máis a Comisión ,servirán racións de orella preparada tanto ao modo tradicional (á feira, con pementón) como á vinagreta, que permite tomar a orella templada a modo de ensalada, opción esta máis fresca cando vai calor. As racións inclúen pan, cuberto e prato conmemorativo.Este ano serviráse tamén carne ao caldeiro,prato que tivo moita aceptación o ano pasado e que permite aos asistentes degustar un menú completo , ademais de chourizo ( á prancha ou frito) e empanada.A festa terá lugar como sempre na Praza do Telleiro (a carón do Santuario) e haberá unha gran carpa acondicionada con mesas e asentos para maior comodidade.A comisión de festas invita a tódolos veciños e visitantes a achegarse a esta cita gastronómica en Figueiró, e agradece a colaboración de todos para consolidar esta festa , non só na parroquia, senón tamén no Concello de Tomiño.







.jpg)








