martes, 7 de abril de 2009

VII Edición da "FESTA DA ORELLA" - Figueiró 2009

Este domingo 12 de abril vaise celebrar en Figueiró (Tomiño) a "7ª FESTA DA ORELLA". A partir das 10 da mañá, e durante todo o día, servirase orella á feira e con vinagreta, receita que tivo enorme aceptación na pasada edición, así como chourizos fritos e a prancha. A ración inclúe prato conmemorativo e os prezos serán populares. Tamén contamos con bos viños da comarca.
Como en anos anteriores a festa será na Praza do Telleiro, acondicionada para ocasión cunha magnífica carpa, ademáis de mesas, bancos, etc. onde degustar comodamente este saboroso prato da nosa gastronomía. A carpa estará xa aberta dende o sábado a tardiña e funcinará como cantina ata a medianoite.
A FESTA DA ORELLA está organizada pola Comisión de festas de S.Campio 2009 e colabora, ademáis de casas comercias e particulares; a Concellalía de Cultura, Educación e Participación veciñal do Concello de Tomiño, que nós prestou toda a súa colaboración e a que lle estamos gratamente agradecidas.

jueves, 19 de marzo de 2009

Fotos do Nadal 2008 en Figueiró

.
A Rondalla de Freixo -Valladares (Vigo) en Figueiró
.



.
Actividades para "nenos" no Centro de Figueiró
.


.
Visita de "PAPA NOEL" o Centro de Figueiró
.

.
Actuación do mago "REY MIDAS" no Centro de Figueiró
.

Campionato de tiro ao prato en Figueiró

Hoxe xoves día 19 de marzo, tivo lugar o primeiro día do Campionato de tiro o prato, na modalidade de percorrido de caza, no campo das Fonteiriñas de Figueiró; organizado pola Comisión de Festas de San Campio 2009.
O campionato continuará mañán venres día 20 e o sábado día 21 con adestramentos, haberá premios para os tres mellores clasificados; e rematará o domingo día 22 coa tirada oficial con fabulosos premios e trofeos especiais para as damas.
En este evento colabora a Concellalía de Deporte e Lecer do Concello de Tomiño.

martes, 25 de noviembre de 2008

Figueiró estará nas III Xornadas sobre a represión antifranquista do Baixo Miño "Memoria e Nación"

Este mércores día 26 de Novembro no Centro Recreativo e Cultural de Figueiró ás 20,30 horas, dentro das III Xornadas sobre a represión antifranquista do Baixo Miño "Memoria e Nación", terá lugar unha conferencia titulada "Isaura: unha vida solidaria" que será impartida por Natalia Jorge e presentada polo fillo de "Isaura", Mario Rodríguez Gómez.
Esta muller "Isaura", veciña de Figueiró, ten "a súa historia" e pode lerse nesta páxina de internet, no apartado "Xentes de Figueiró" e baixo o título "Unha muller loitadora-Dona Isaura Goméz Pérez".