miércoles, 5 de marzo de 2008

Carta Nadal 2006

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSUMIDORES E USUARIOS

“ FONTE DOS CARREIROS ” DE FIGUEIRÓ

Figueiró, a 16 de Decembro do 2006
Estimado socio:

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños “Fonte dos Carreiros” de Figueiró, informa:

Que no remate deste ano 2006, dirixímonos a vostede para facer memoria do noso traballo o frente desta asociación veciñal. Unha tarefa complicada onde, a falta de recursos económicos, hai que suplila con ilusión e cunhas altas doses de imaxinación.

No apartado das xestións realizadas:
Solicitamos información e pedimos solucións a Xunta de Galicia sobre a concentración parcelaria, via de alta capacidade e rotonda da Fonte dos Carreiros, o Concello de Tomiño sobre o parque infantíl, alumeado da estrada Figueiró-Soutelo-Goián, seguridade vial no entorno escola infantil, modificación das normas urbanísticas, casa en ruinas da Tomada e equipamentos da rúa principal e a Comunidade de Montes o adecentamento do camiño do Pasadoiro e creación dun espazo de lecer e recreativo no lugar do “Caldeirón”.

No eido socio-cultural coidamos que foi un gran ano.
Culturalmente escomenzamos ca excursión a Ourense, celebramos o día das Letras Galegas co 1º Concurso de redacción e debuxo, organizamos unha exitosa (pola calidade das actuacións e a gran cantidade de persoas asistentes) 1ª Semana Cultural de San Campio destacando a “homenaxe ós músicos” e o “irmanamento con Valladares” e agora no Nadal teremos, en colaboración co Centro, obradoiros para nenos na tardes dos días 27-28-29, quedando para máis adiante a realización da exposición fotográfica prevista, o non estar disponible o local social. Na tarde do sábado día 30, percorrerá o pobo a RONDALLA “navideña” de Freixo (Vigo) con máis de 80 compoñentes.
Socialmente, as actividades recreativas teñen un contido terapéutico na “ximnasia para maiores”, formativo no “baile de salón” e de exercicio e ensaio no “aeróbic” onde acaba de fundarse o Grupo de aeróbic “BAILAS MOZA?”, que o amparo da A.V.V. Fonte dos Carreiros, representará a Figueiró nas súas actuacións, sendo a primeira, en Valladares, o domingo 17 de decembro co motivo do FESTIVAL DOS MAIORES organizado polo C.V.C. de Valladares.

Traballaremos respetando unha filosofia de “coherencia e transparencia” na procura de mellora-la parroquia de Figueiró en todo-los aspectos, buscando sempre o beneficio colectivo. Estamos abertos a escoitar as suxerencias e peticións dos veciños, só será necesario comunicalas ós membros da directiva que, despois de estudialas, tratarán de levalas adiante se son realizables.

Sin máis que informaros e esperando contar ca vosa confianza, despedímonos cun saúdo:

OS MEMBROS DESTA DIRECTIVA DESEXAN A TÓDOLOS VECIÑOS, UNHAS FELICES FESTAS DE NADAL E UN VENTUROSO ANO 2007