miércoles, 5 de marzo de 2008

Carta Nadal 2007

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS CONSUMIDORES E USUARIOS
“ FONTE DOS CARREIROS ” DE FIGUEIRÓ
Figueiró, a 7 de Decembro do 2007

Estimado socio/a:

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños “Fonte dos Carreiros” de Figueiró, quere desexarlles unhas FELICES FESTAS e aproveita a ocasión para facer balance do traballo relizado neste ano 2007:

Xestións realizadas ante as Administracións Públicas: solicitamos información e pedimos solucións á Xunta de Galicia sobre a concentración parcelaria, os bancos de terra, o plan de incendios, a vía de alta capacidade e a rotonda da Fonte dos Carreiros; ó Concello de Tomiño sobre o parque infantil, o pintado do Largo das Mestras, o acondicionamento da pista polideportiva, o equipamento da estrada Figueiró-Soutelo-Goián, a seguridade vial no entorno escola infantil, a casa en ruinas da Tomada, os espellos de seguridade nos cruzamentos de rúas da parroquia, os arcos de “Nadal” na Fonte dos Carreiros e frente ó Centro Cultural e o adecentamento das marquesinas de A.T.S.A. nos Pedregales e a Correos buscando a mellora do servizo de “reparto”.

Socialmente: seguen as clases de “baile de salón” cun moi bo aproveitamento, como quedou demostrado na súa actuación na Semana Cultural e de “aeróbic” onde o Grupo “BAILAS MOZA?” da A.V.V. colleitou, en toda-las actuacións feitas pola comarca, grandes ovacións. No ano 2008, se hai persoas interesadas, recuperaremos a “ximnasia terapéutica de maiores”.

Culturalmente: comenzouse coa Exposición “Esencias de Figueiró en Imaxes” onde os protagonistas foron os aparellos tradicionais de retratar e as fotos antigas da nosa xente. Cerebramos o Día das Letras Galegas có 2º Concurso de Redacción e Debuxo para nenos e, aproveitando que nese día cumpría 100 anos a nosa veciña Dª. Rosa Fernández Pousa, fíxoselle “unha homenaxe”. Organizamos con gran éxito a 2ª Semana Cultural de San Campio destacando en sobremaneira “a noite adicada ás actuacións dos grupos de Figueiró”.

No Nadal teremos, en colaboración có CENTRO, actividades para nenos nas dos días 26, 27 e 28. O sábado día 29 ás 6 da tarde actuará na “Praza do Telleiro” a RONDALLA “navideña” de Freixo (Vigo).

Tamén queremos “convidarvos” a asisti-lo vindeiro domingo día 16 ás 11 da mañá, ó acto que a Asociación Veciñal e Cultural de Valladares organiza no Santuario de San Campio en Figueiró, onde haberá unha misa na honra do Santo e a súa Coral ofrecerá un concerto de villancicos e panxoliñas, funcionará o botafumeiro.

Nota.- A Asociación xa ten páxina de Internet, http://fontedoscarreiros.blogspot.com/.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO APOIO E QUE NO ANO 2008 SE
CUMPRAN TÓDOLOS VOSOS DESEXOS ¡¡¡