jueves, 13 de marzo de 2008

Parroquia de Figueiró - Pasado, presente e futuro dun pobo.

A parroquia de Figueiró (Figueiró era un barrio de Estás) foi creada o día 22 de marzo de 1806, grazas a tenacidade e constancia de esforzados veciños. Entre eles destacan os nomes de Juan Antonio Carballido (na foto), Benito de Carballido, Felipe Moure, Benito ALonso, Isidro Calzado, Antonio Fernández Rocha e Juan Benito da Pousa.
Nese día remataba o proceso, comenzado o día 3 de setembro de 1802, de desmembración da parroquia matriz de Santiago de Estás. Todo un record no que a tempo se refire.
A Parroquia de Estás lindaba con Goián polo Sur, con Tomiño polo Norte, có río Miño polo Leste e polo Oeste con Loureza, cruzándoa o río Covelo, hoxe con pouco caudal de auga, naquel entón con gran canle.
No ano 1802 ten lugar un suceso transcendente e decisivo, unha crecida do río Covelo produce unha gran inundación e durante oito días non se pode dar sepultura a un cadaver no cemiterio parroquial. Este foi un motivo máis que suficiente para pensar na erección de Figueiró, como parroquia independente.
Esta tenacidade foise plasmando en tódolos campos: relixioso, político, laboral e profano. Así os nosos antepasados erixidos xa en parroquia propia doan o "Terreo e Arroio do Fial" para que a lámpara do Santísimo poida estar sempre encendida; e o "Campo dos Pedregales" para que os nosos defuntos non estén faltos de sufraxios. Non soio preocúpanse de conquerir o obxetivo, senón dos medios que éste necesita.
Pero foi San Campio quen deu nome a Figueiró e enmarcou a vida dos seus veciños. O recordo do seu nome deu forza ao soldado na mili ou no campo debatalla, ao emigrante tanto en Brasil, como en Inglaterra, Francia, Barcelona, Castilla ou...... A súa festa fixo sentir morriña a máis dun destes ao non poder estar xunto ao "Santiño que na cama está". Díganlo senón eles.
Son xa historia en Figueiró os teares, industrias domésticas para tecer la e facer liño; a fábrica de xabón situada nos Muíños, e que levaba o seu nome; a caravana de muíños de auga e que deron nome a este barrio.
Estas industrias, entre outras, xuntamente coa producción de leite vacún eran o medio de vida deste pobo. As novas estructuras políticas a niveles supranacionales tamén ten seus "costos"en detrimento dos mais pequenos, como é o caso da producción láctea.
Queda soio un pouco de rescoldo das explotacións agropecuarias, industrias éstas florecentes en tempos non moi afastados. Pero xorden novas explotacións: viño, kiwis, floricultura.
San Campio, soldado, imprime espíritu "guerreiro" a este pobo, e vemos o seu froito: novas iniciativas, búsqueda de novos horizontes, novas empresas. Proba de todo elo é a Sociedad Recreativa Cultural con seus anos de historia e hoxe rexuvenecida con novos brios. Non podemos esquecer a traida de auga, o saneamento integral, a canalización das augas de rega e a remodelación de todo-los medios de comuncación que unen os barrios entre si.
Figueiró deu cinco curas á Igrexa nos seus anos de historia. Pero xorden tamén mestres, políticos, músicos, pintores, etc.
Figueiró ten duas grandes riquezas. Unha espiritual, San Campio, e outra material, o auga que nace nos seus montes, chega os fogares e rega os campos. Respecto disto último só compréndeo quen vive baixo o telón do fondo musical que produce o murmurio da auga que cruzando as ruínas dun muiño produce a súa fervenza. Temos que explotar ámbalas riquezas: e este é o futuro de Figueiró.