Figueiró, venres día 14 de marzo ás 20.30 horas, no Centro Recreativo e Cultural.
O goberno promove a revisión do actual inventario de camiños municipais
O goberno municipal de Tomiño celebrará unha serie de reunións informativas nas diferentes parroquias da localidade, co fin de proceder á revisión do actual inventario de camiños municipais.
O anterior goberno aprobou, no ano 2005, un inventario de camiños que contén numerosos erros e incorreccións, que están a producir moitos problemas para a concesión de licenzas.
Por todo isto, o goberno actual vén de abrir un proceso de revisión coa finalidade de subsanar os mencionados erros e promover unha maior participación cidadá e transparencia no proceso.
En primeiro lugar, celebraranse reunións informativas nas parroquias, quedando exposto durante 15 días o actual inventario co fin de que os veciños/as fagan as alegacións que consideren oportunas. Ademais, un técnico recollerá ditas alegacións que se incorporarán logo ao inventario. Este inventario, coas correccións será exposto novamente para comprobar que é correcto, antes da súa aprobación.
A medida, permitirá corrixir erros e omisións na representación dos camiños da vila, aínda que non vai supoñer que se abran novas vías.