martes, 13 de mayo de 2008

Celebración do Día das Letras Galegas en Figueiró

A Asociación de Veciños FONTE DOS CARREIROS de Figueiró organiza, co gallo da celebración do día das Letras Galegas, o 3º Concurso de redación e debuxo para escolares. Neste concurso participan tódolos alumnos/as matriculados/as no CEIP Antonio Fernández deGoian e na Aula de Educación Infantil de Figueiró.
Dende aquí a Xunta Directiva desta Asociación ten o pracer de comunicarlles que o vindeiro sábado, día 17 de maio, a partires das 12:30 da mañá, exporanse os debuxos e redacións na Praza do Telleiro de Figueiró.
Posteriormente, ás 5:30 da tarde terá lugar a entrega de premios.
Un xurado formado por mestres, artistas, periodista e concelleiro de cultura do Concello de Tomiño foi o encargado de decidir, entre os taballos presentados, ós gañadores das distintas categorías.
Dende aquí queremos expresar a nosa sincera gratitude á dirección e corpo docente do colexio de Goian e unitaria de Figueiró. Sen a súa axuda e colaboración este concurso non sería posible.
Tamén agradecemos profundamente a colaboración da editorial Edicións Xerais de Galicia, Xunta de Galicia, Concello de Tomiño, Centro Cultural de Figueiró e de tódolos membros do xurado.
Con este humilde concurso, a Asociación desexa contribuír no fomento da difusión da cultura galega e promocionar a lectura en galego: UN LIBRO, A TÚA MELLOR COMPAÑA.
.