O pasado sábado día 17 "Día das Letras Galegas" coa presenza de numeroso público, tivo lugar na Praza do Telleiro de Figueiró a exposición e entrega de premios do 3º Concurso de redación e debuxo para escolares, organizado pola Asociación de Veciños FONTE DOS CARREIROS. A opinión expresada polas persoas asistentes, resaltaba o bo nivel dos traballos expostos, xa que correspondían a nenos con idade non superior os 12 anos. O acto de entrega de premios escomenzou cunhas palabras do presidente da Asociación, onde animou a todos a respetar a língua galega e agradeceu o xurado, mestres e patrocinadores a súa colaboración. Despóis, unha nena leu uns poemas do escritor homenaxeado neste ano 2008 (Xosé María Alvarez Blázquez). O momento máis esperado e emotivo da xornada, chegou coa entrega dos agasallos ós nenos/as gañadores; as súas caras expresaban satisfación e ledicia polos premios conqueridos, algo que debería servir de estímulo no seu futuro escolar. Tódolos nenos presentes no acto, recibiron un agasallo conmemorativo. Neste concurso participaron os alumnos/as matriculados/as no CEIP Antonio Fernández de Goian e na Aula de Educación Infantil de Figueiró.
Para remata-lo evento, e organizado polo Centro Recreativo e Cultural de Figueiró có patrocinio da Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, actuou o grupo de Animación Infantil “Llilla e Paspallás” que colleitou grandes aplausos, tando dos nenos como dos maiores.